O programa 'Zona ONG' achéganos esta vez á confederación Aspace, que agrupa as principais entidades de atención á parálise cerebral en España. Conversamos coa súa xerente en Galicia, Ana Prieto, e con Eulogio López, xerente de Aspace Coruña, onde naceu A Radio dos Gatos.
Download Embed Insertar este video en tu web
Zona ONG dedica a súa edición de abril a Implicadas no Desenvolvemento. A súa presidenta, María Reimóndez, achéganos o traballo desta ONGD galega na India, a través dos grupos de axuda mutua e a loita contra o infanticidio feminino. Implicadas vén de pór en marcha ademais a campaña 'Cambia de papel' e segue a organizar unha chea de actividades.
Download Embed Insertar este video en tu web
Enxeñería Sen Fronteiras protagoniza unha nova edición do programa Zona ONG en Agareso Radio. A voluntaria Patricia Iglesias preséntanos a organización e fai un repaso dos proxectos de cooperación que na actualidade teñen en marcha en Centroamérica e das actividades de sensibilización que están a desenvolver en Galicia.
Download Embed Insertar este video en tu web
Agareso Radio recupera o espazo Zona ONG para visibilizar o labor das entidades sociais e organizacións non gobernamentais que desde Galicia e tamén fóra da nosa comunidade traballan a prol dun mundo máis xusto. O programa bota a andar cunha entrevista a Clara Raposo, directora de A Cova da Terra, ONG de comercio xusto afincada en Lugo.
Download Embed Insertar este video en tu web

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics