Agareso pon en marcha un blog que recolle o día a día do programa integral de comunicación para o desenvolvemento que ten en marcha no centro penitenciario da Lama (Pontevedra).
Distintas ONGD abren nestas datas os prazos para inscribirse nos programas de voluntariado e de formación sobre terreo.
O concello de Camariñas e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) asinaron esta tarde un acordo no que se vincula a XXII Mostra do Encaixe co proxecto ‘Galicia en Color – Rede de Reencontros, 10 anos despois” para dedicar esta nova edición ao voluntariado do Prestige.
A nova Lei de acción voluntaria rematou hoxe a súa tramitación parlamentaria coa aprobación, por unanimidade no Parlamento galego, da normativa que substitúe o texto actual, que databa do ano 2000, e introduce melloras para adaptar a Lei ás liñas de voluntariado da Unión Europea.
A práctica do voluntariado para o desenvolvemento de programas e actividades executado por persoas que integran a rede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidad (Cogami). Unha nova mostra da normalidade e solidariedade neste contexto social.
Download Embed Insertar este video en tu web
A céntrica Praza de Galicia, en Vilagarcía de Arousa, acolle mañá unha nova edición da Festa da Solidariedade, un espazo que ten como obxectivo mostrar os distintos modos de expresión da conciencia solidaria, sensibilizar e concienciar á sociedade nos valores de solidariedade e participación, así como presentar a rede asociativa da bisbarra e proporcionar información sobre os seus distintos programas e actividades.
¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) clausurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reuniu en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) inaugurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reúne en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
O encontro celebrarase o 30 de xuño e o 1 de xullo e pretende ser o primeiro dos encontros anuais de referencia que en Galicia afronten toda esta problemática a niveis europeo, estatal e galego.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics