"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
AG Radio Amosando elementos por tag radio

Agareso pon en marcha un blog que recolle o día a día do programa integral de comunicación para o desenvolvemento que ten en marcha no centro penitenciario da Lama (Pontevedra).

Publicado Proxectos

Enxeñería Sen Fronteiras protagoniza unha nova edición do programa Zona ONG en Agareso Radio. A voluntaria Patricia Iglesias preséntanos a organización e fai un repaso dos proxectos de cooperación que na actualidade teñen en marcha en Centroamérica e das actividades de sensibilización que están a desenvolver en Galicia.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Agareso Radio recupera o espazo Zona ONG para visibilizar o labor das entidades sociais e organizacións non gobernamentais que desde Galicia e tamén fóra da nosa comunidade traballan a prol dun mundo máis xusto. O programa bota a andar cunha entrevista a Clara Raposo, directora de A Cova da Terra, ONG de comercio xusto afincada en Lugo.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Cultivos arrasados, infraestruturas desfeitas e centos de familias evacuadas. É o panorama desolador que deixa nestes momentos a tormenta tropical 12 E no Baixo Lempa, a rexión salvadoreña onde hai apenas tres meses a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios executaba o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. As nenas e nenos que participaron naquela experiencia radiofónica nas aulas non acoden á escola dende hai varios días, pois coa declaración do Estado de Emerxencia se suspenderon as clases.

Publicado Mundo

AGARESO celebrou o Día da Solidariedade conversando na Radio Galega e aproveitou a ocasión para recordar aos xornalistas desaparecidos no mundo e facer un repaso aos aspectos teóricos e prácticos do I Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional da ONGD na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Publicado Reportaxes

O blog Referencias analiza que a manifestación da Comunicación para o Desenvolvemento ten, afortunadamente, incontables experiencias emprendidas por organizacións comprometidas con implementar este enfoque en parte dos seus proxectos. Nembargantes, e por desgracia, é a gran desaparecida na acción e cooperación ao desenvolvemento do ambito autonómico e estatal.

Publicado Blog-Referencias

AGARESO RADIO emite por segunda vez un programa monográfico adicado ao balance e análisis do 15-M. Este domingo, seguirá as mobilizacións do 19J con conexións con diferentes cidades e outros países como Ecuador ou Venezuela para coñecer a trascendencia deste movemento social. Pode sintonizar a partir das 21 horas e conectar co estudio central a través de AG TV.

Publicado Reportaxes

A asociación de emisoras municipais de Galicia (RadioFusión) e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) levarán ás radios locais a información máis especalizada no eido social e da solidariedade e a cooperación para o desenvolvemento.

Publicado Reportaxes
Luns, 04 Abril 2011 15:16

Informativo Cogami (V)

O Informativo Sin Barreras de Cogami é o resumo semanal das novas que xera a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Cris Pet é a voz de referencia deste espazo que ilustra a integración social do colectivo e os seus usuarios.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio
Venres, 01 Abril 2011 09:37

En Otra Onda (36)

Ofrecémosvos unha nova entrega do clásico radiofónico de Agareso, "En otra onda". Trátase da tertulia xeral sobre actualidade que se fai no interior da prisión da Lama (provincia de Pontevedra), na que os reclusos, conducidos por Juan de Sola, aportan as súas opinións e experiencias.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31