O enfoque de xénero centrou unha nova sesión do II Seminario 'Xornalismo social e cooperación internacional', da man da xornalista Belén Puñal e de Lorena Arévalo, da ONGD Implicadas no Desenvolvemento.
Download Embed Insertar este video en tu web
Toni España resúmenos as dúas últimas sesións do curso organizado por Agareso e ACPP na USC, que contou asemade coa participación do director de Altermundo, Manoel Santos. As xornalistas Maite Garmendia e Lorena Seijo achegaron tamén a súa experiencia en Latinoamérica.
O II Seminario 'Xornalismo social e cooperación internacional' contou coa participación activa de persoas beneficiarias das iniciativas de comunicación para o desenvolvemento que Agareso promove no centro penitenciario da Lama.
Download Embed Insertar este video en tu web
Esta nova crónica de Toni España achéganos á sesión que internas e internos impartiron na facultade de Ciencias da Comunicación da USC e que culminou coa gravación do faladoiro 'En otra onda', no que tamén participaron estudantes. O alumnado devolveríalles logo a visita para coñecer de primeira man os proxectos no cárcere pontevedrés.
Agareso pon en marcha un blog que recolle o día a día do programa integral de comunicación para o desenvolvemento que ten en marcha no centro penitenciario da Lama (Pontevedra).
O II Seminario 'Xornalismo social e cooperación internacional' continúa avanzando na USC. Toni España resúmenos os últimos contidos abordados: a presentación de varias guías de estilo sobre o tratamento mediático da cooperación e de colectivos en risco de exclusión, exemplos de boas e malas prácticas, a conferencia de Emilio Martínez e o proxecto de comunicación para o desenvolvemento de Agareso e ACPP en El Salvador.
Download Embed Insertar este video en tu web
Novo grupo de participantes no programa 'En Otra Onda' de Agareso Radio. Os compoñentes desta tertulia inician os seus primeiros pasos ante o micrófono tras un proceso formativo. Tamén, ofrece unha entrevista co fotografo Emersón Díaz.
Download Embed Insertar este video en tu web
A segunda edición do Seminario 'Xornalismo social e cooperación internacional' de Agareso e ACPP botou a andar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O alumno de Xornalismo Toni España resume nesta reportaxe a intervención de Paco Reigón, de Asemblea de Cooperación pola Paz, que se centrou na cooperación para o desenvolvemento.
Download Embed Insertar este video en tu web
Novo traballo dos internos/as do C.P de A Lama dedicado a realidade da inmigración. A través do proxecto de radio que desenvolve Agareso, reflexionan ante as complexas situacións que tenta de superar unha persoa migrante. No centro penitenciario conviven na actualidade mais de medio centenar de nacionalidades.
Download Embed Insertar este video en tu web
A comunicación para o desenvolvemento é unha das variantes presente neste día das Doenzas Raras. A través da voz e experiencia de Marta Pérez, usuaria de COGAMI, temos o testemuño dunha persoa nesta realidade social. Agareso Radio abre a posibilidade de aproximarse a un novo contexto.
Download Embed Insertar este video en tu web
Un equipo de Agareso Radio elaboró un programa dedicado a la situación actual de la inmigración en Galicia y España que fue escuchado en todo el territorio de México, gracías a la iniciativa de la Red Radio Universidad de Guadalajara. Las emisiones también se repitieron en otros 36 países a través de radios sociales y comunitarias.
Download Embed Insertar este video en tu web
Unha nova edición do programa 'En Otra Onda', grabado nos estudios da emisora do interior do C.P A Lama, analiza a alimentación na prisión e aborda o notable cambio político do 20N no Estado.
Download Embed Insertar este video en tu web

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics