"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
AG Radio Amosando elementos por tag Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Voces con Fondo debulla a nova convocatoria de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ofrécenos asemade o resumo da asemblea xeral de socios e unha entrevista coas parceiras portuguesas do proxecto europeo 'Redes para o desenvolvemento'. As noticias breves, a axenda de actividades e o libro e mais o filme recomendados pechan a edición.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Esta nova edición de Voces con Fondo faise eco da visita a galicia da ONGD nicaraguana Inprhu, parceira do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumpre quince anos e por este motivo está a preaparar un documental sobre os seus proxectos, tanto de ámbito nacional como internacional, varios deles executados en Cabo Verde. O documental está sendo elaborado coa colaboración de AGARESO, tras unha recente visita á illa.


Publicado Reportaxes

‘Voces con Fondo’ comeza o ano repasando a visita a Galica que a técnica do Fons Catalá, Victòria Planas, fixo a finais de 2011 para difundir os avances do proxecto conxunto en Haití. 

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Un equipo de reporteiros da organización atópase esta semana en Cabo Verde para recoller o material audiovisual que centrará o próximo documental sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A redactora Mónica González e o cámara Xacobe González están a realizar numerosas entrevistas e filmacións sobre os proxectos apoiados no arquipélago, onde se concentrou boa parte do traballo dos últimos anos.

Publicado Proxectos

'Voces con Fondo' preséntanos na súa última entrega á nova presidenta do Fondo Galego de Cooperación, Teresa París. Conversamos con dous dos participantes no programa Vacacións con Traballo e repasamos as últimas novas da cooperación municipalista.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Nova edición do programa dedicado a cooperación municipalista en Galicia. Nesta ocasión, inclúese un repaso as novas do mes de outubro. No faltan as recomendacións literarias ou cinematográficas, así como o análise da situación do Corno de África.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Nova edición do programa dedicada a cooperación municipalista en Galicia. Nesta vindeira ocasión, incluese un repaso as novas do mes de agosto en diferentes concellos implicados coas accións solidarias. Non faltan as recomendacións literarias ou cinematográficas relacionadas coa especulación e a crise económica.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Arranca a xira 2011 do espectáculo ofertado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ás administracións locais. A proposta da compañía A Tropa de Trapo, dirixida a público adolescente e adulto, inclúe música en directo con instrumentos de diferentes países.

A nova convocatoria de 'Vacacións con Traballo' e as opinións de destacadas persoeiras e persoeiros avogando pola cooperación internacional son algunhas das cuestións abordadas nesta nova entrega. Non faltan as noticias breves, a axenda de actividades e mais a recomendación dun interesante libro e dun estupendo documental.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 3

Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31