AGARESO pon en marcha un novo proxecto de sensibilización sobre colectivos en risco de exclusión social e as iniciativas promovidas para a súa inclusión na sociedade e para promover un cambio social entre a poboación galega. Neste caso, farao a través do proxecto 'Di-k-non', promovido pola Fundación Barrié e a Unidade Terapética Educativa (UTE) do centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña).
Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) organizan un curso de formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento dirixido estudantes e titulados da Universidade de Vigo. A actividade, totalmente gratuíta, desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, no campus As Lagoas (Ourense), entre os días 29 de novembro e 2 de decembro.
A comunicación é un dereito humano fundamental. Non só por si mesma, senón como ferramenta para facer posible que se cumpran outros dereitos. Por tanto a comunicación para o desenvolvemento debe ser un dos alicerces fundamentais da cooperación.
As ONGD presentan este xoves 10 de novembro, ás 20.00 horas, o documental ‘Camiños de Paz. As Outras Voces de Israel e Palestina’ no Casino Mercantil de Pontevedra. Durante o acto inaugurase tamén a exposición “Outras voces de Israel” elaborada dentro do mesmo proxecto.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) celebra esta fin de semana a súa IV Convención Anual "Comunicación, Cooperación e Solidariedade", unha cita que conta cun atractivo engadido aos xa ofrecidos nas súas tres edicións anteriores, xa que se celebra no interior do centro penitenciario de A Lama (Pontevedra). A Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo, será a encargada de inaugurar as xornadas.
AGARESO mantén aberto o prazo de preinscripción para a participación na súa IV Convención Anual Comunicación Cooperación, Solidariedade.
ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) oferta unha praza de traballo para executar o proxecto de fortalecemento da entidade, que comezará a aplicarse a partir do vindeiro 1 de setembro de 2011.
Dende este 1 de setembro ata o vindeiro 30 deste mesmo mes, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) de Oleiros (A Coruña) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO.
¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics