Elementos filtrados por data: Xoves, 02 Agosto 2012
De onde veñen os plátanos?
A estrada que leva ao Parque Nacional de Cahuita, preto da fronteira caribeña con Panamá, non é das peor asfaltadas en Costa Rica. No entanto, o tráfico é lento por mor dos numerosos camións da Dole, a Chiquita e as diversas compañías dedicadas ao transporte marítimo de mercadorías. A unha e a outra beira, as plantacións de banano -o que en España se coñece como plátano- esténdense ata onde alcanza a vista. A febre iniciouna hai algo máis dun século a United Fruit Company, coa compra de terras ao campesiñado e mesmo a deforestación do bosque tropical.
Xoves, 02 Agosto 2012 Reportaxes Ler máis...








