A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios recorda neste programa especial con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa a importancia desta data. Cada ano conmemórase o 3 de maio e constitúe unha oportunidade para informar aos cidadáns sobre as violacións á liberdade de prensa que se cometen a diario arredor de todo o mundo.
Este 3 de maio é tamén unha data para fomentar e desenvolver iniciativas a favor da liberdade de prensa e para avaliar o seu estado en todo o mundo. Xornalistas de Agareso e convidados debaten sobre a situación actual do sector xornalístico en España, as vulneracións que se están cometendo de cara a un dereito fundamental como é a liberdade de opinión e de expresión e as posibles causas e solucións ao panorama deste 2012.








