'O Faladoiro do Ferreiro' é o programa final do obradoiro de radio para a educación en valores impartido no CEIP López Ferreiro, en Santiago de Compostela. Asemblea de Cooperación pola Paz e Agareso promoven esta iniciativa de educación e comunicación para o desenvolvemento no marco do proxecto Escolas sen Racismo.
Download Embed Embed this video on your site
O espazo inclúe unha entrevista ao director do centro e directivo do Seminario Galego de Educación para a Paz, Lois Trigo, unha enquisa na rúa sobre os Dereitos da Infancia e unha tertulia multicultural con estudantes de distintas nacionalidades. A presentación locutada por varias compañeiras enfía os contidos.








