Cada 21 de setembro celebramos o día mundial do Alzheimer,fecha elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer co propósito de dar a coñecer esta enfermidade e as súas consecuencias persoais, sociais e sanitarias.
Download Embed Embed this video on your site
Considerada como a ‘epidemia do século XXI’, esixe, para a súa abordaxe, o compromiso e a participación de todos e todas. En Agareso Radio, queremos achegar o noso granito de area para sensibilizar sobre esta enfermidade e ao mesmo tempo dar a coñecer o traballo que están a realizar moitas organizacións para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con Alzheimer como dos seus familiares.








