A Casa da familia creouse en marzo do ano 2003 coa finalidade de ser un Centro de escoita para personas que teñen problemas familiares. Está ubicado no Sur de Quito - Ecuador. A Casa da familia iniciouse coa axuda do Padre José Carollo (foi Vicario do Sur de Quito, desenvolveu unha gran diversidade de obras sociais orientadas a garantir ás familias máis pobres, condicións de vida digna e contribuir ao seu benestar físico, económico, emocional e espiritual), tres voluntarias españolas e un voluntario. Despois uníuse unha irmá relixiosa que era psicopedagoga e facilitadora familiar. Antigamente nesta casa albergábase a mulleres maltratadas, por iso ten a parede exterior tan alta, para que ninguén soubese que elas estaban alí. Nin os seus esposos violentos sabían deste lugar, xa que estamos preto da quebrada e é inimaxinable que aquí exista unha casa. Na actualidade, o albergue para mulleres maltratadas trasladose máis ao sur polo barrio Chillogallo de Quito.
Co tempo aumentaba a demanda e víuse a necesidade de ter máis profesionales e facilitadores familiares. O custe da consulta era dun dólar, despois dous dólares cincuenta e na actualidade, de tres dólares. A maioría de profesionais viñan traballar a risco compartido, segundo os pacientes que se tiñan se lles pagaba do seguiente xeito: dos dous dólares cincuenta, ao profesional se lle daban dous, e os cincuenta centavos, quedaban para a casa.
O crecemento foi tal que solicitamos e presentamos un proxecto para atender a personas con problemas de alcol e drogas á Cooperativa Maquita Cushunchic. Co su apoio, hoxe contamos cun profesional e unha secretaria a tempo completo.
Que persoas veñen á Casa da familia?
A maioría de persoas que atendemos na Casa da familia veñen de barrios do extremo sur: Cutuglagua, Caupicho, Guamaní, San Martín, La Lucha de los pobres; algúns non teñen cartos para a consulta e pagan un dólar. Os casos frecuentes que se atenden son por violencia doméstica, violencia asociada ao alcolismo, mozos que consumen drogas e abuso sexual a nenos.
O 75% de pacientes son mulleres. Desta porcentaxe, o 50% ten parella, poderiamos dicir que “estables” e o outro 25% son ocasionais, as demais son xefas de fogar, mulleres abandoadas, nais solteiras.
Cómo logran que os homes violentos ou alcólicos visiten a Casa da familia?
Dentro do que é o alcolismo temos un convenio con unha escola. Alí, os mestres por medio dos seus estudiantes detectan aos pais alcólicos e se lles solicita que veñan á Casa da familia. Entón eles veñen enoxadísimos á primera charla e despois xa participan. Eles negan o seu problema, din: “eu tomo só unha vez, non é cotiá cando tomo…” Os que son violentos resístense moito máis, porque algúns teñen violencia asociada ao alcolismo, pero veñen. É máis común que os homes veñan cando a muller lles di “ata aquí chegaches e se non recibes terapia, non volvemos”, como xa existe unha lei que lles ampara… sacan un formulario, poñen a demanda e por ese temor veñen. Entón fan 10, 12 sesións e despois marchan. Pero o gran problema disto é que non basta só con 12 sesións para corrixir este mal. Precísanse alomenos 2 anos de tratamento e con isto só poderiamos dicir que iniciamos o camiño...
Na Casa dla familia non só se atenden estes casos, tamén se fan obradoiros como: Lóxica matemática para pais e nais, aprendendo a ser papá, aprendiendo a ser mamá, acompañamento ao embarazo, autoestima, apoio á lactancia, acompaña
mento ao desenvolvemento neurosensorial de nenos de 1 a 4 anos e outros.
Pouco a pouco iremos contándolles as actividades que realizan na Casa da familia, así tamén trataremos de acadar testumuñas de persoas que viviron e teñen superado as barreiras da violencia.
Se desexan ter información de primeira man da Casa da familia atoparana tamén en Facebook. Non o perdan.
Tomado da páxina web: www.fundaciontierranueva.org.ec
Desde Quito – Ecuador para o mundo
Wilson Morales
Fotógrafo Corresponsal de AGARESO.











