Dous mil once pasará á historia como un ano de éxito para a dignidade humana. O activismo de dereitos humanos nunca foi máis actual ou máis vital, e a través do poder transformador dos medios de comunicación social, persoas correntes convertéronse en activistas de dereitos humanos. Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos , a ONU quere render unha homenaxe a todos os defensores destes dereitos, e pide aos cidadáns que participen no movemento mundial, para que máis persoas coñezan, esixan e defendan os seus dereitos.
A convocatoria deste proceso de encontro, reflexión e creación de espazos de colaboración, que vai ter lugar na comarca de Ferrol Terra, os próximos 23,24 e 25 de setembro, é froito do esforzo colectivo e da necesidade, mostrada por unha parte importante das organizacións sociais da bisbarra, de realizar unha posta en común das análises e alternativas para afrontar a realidade social, política e económica. Unha posta en común que axude a crear espazos de entendemento e colaboración, tan necesarios nesta férrea ofensiva neoliberal, de perda de dereitos e liberdades, e de deformación democrática.
Ningunha das concentracións e acampadas que se estenden por todo o estado deixou a rúa. Madrid comezou o 21 de Maio con decenas de miles de persoas "berrando en silencio", recibindo deste xeito a xornada de reflexión e a decisión da Xunta Electoral Central, que a noite do xoves declarou ilegal as concentracións no día de reflexión.
A revolución cidadá xurdida entorno á plataforma 'Democracia real XA! ' e as protestas do 15-M ten calado no centro penitenciario da Lama (Pontevedra). Os internos manifestaron o seu total respaldo ás mobilizacións e a todos os españois que saíron á rúa.
Centos de cidadáns súmanse diariamente ás protestas na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.Tras as manifestacións do domingo 15, xurdiron de forma espontánea máis accións que buscan reforzar as reivindicacións do movemento Democracia Real XA.
En máis de 60 cidades do Estado, cidadáns de distintos sectores sociais saíron con forza e determinación baixo o lema de ‘Democracia real ¡XA! Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros’. Tras esta mobilización social histórica, grupos de cidadáns decidiron seguir pola vía da protesta e hai convocadas concentracións e acampañadas por toda a xeografía española.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics