Unha embarcación adaptada, unha reprodución da Torre de Hércules en relevo, un rato de ordenador que se manexa co movemento do ollo, un inodoro que permite o axuste de altura segundo a necesidade da persoa que o vaia utilizar, son un aperitivo do que se pode ver exposto no IV Salón de Técnicas de Autonomía, Dependencia e Discapacidade, que se está a celebrar no hotel Monumento San Francisco de Compostela, co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A violencia contra a muller e en moitos casos, a mera ameaza do seu uso, constitúe na actualidade unha das principais barreiras para o logro da plena igualdade da muller. Así o afirmou o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, na conmemoración do "Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller".
Esta iniciativa permitirá adecuar as citas aos requerimentos conductuais e facilita a accesibilidade ás persoas con espectro autista, que terán prioridade horaria e poderán ir acompañados por un familiar. Realizaranse 14 sesións clínicas en todos os hospitais do Sergas para entregar a profesionais de medicina e enfermería recomendacións elaboradas por asociacións de enfermos de autismo, no marco do programa Diálogos con Pacientes.
A Secretaría Xeral da Igualdade concedeu en 2010 axudas económicas a 395 mulleres vítimas de violencia de xénero en Galicia por un valor total de 1.932.908 euros, o que supón o maior número de axudas nos seis anos que estas levan vixentes.
Segundo a última enquisa da Fundación FOESSA do 2007 ao 2010 a porcentaxe de mozos en risco de exclusión aumentou dun 15´9 a un 21´7 por cento. Dato ao que hai que engadir que o 77 por cento dos mozos, menores de 30 anos, viven aínda cos seus pais. Pero, ¿que pasa cos que non teñen familia ou mesmo a súa familia converteuse no seu peor inimigo?

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics