O aumento e a volatilidade dos prezos dos alimentos contribuíu a que preto de mil millóns de persoas atópense en situación de crise alimentaria e foi unha das causas da emerxencia de Corno de África.
Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. Ademais, o 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.
Un grupo de persoas indignadas co que está acontecendo no Corno de África decidiu poñer en marcha a iniciativa solidaria “A Nosa Colleita para Somalia”. Unha proposta popular, sen ningún selo político, que co obxectivo de recaudar fondos para que Médicos Sin Fronteras faga fronte ás necesidades das miles de persoas que sufren en Somalia, Kenia e Etiopía, conseguiu implicar a un importante número de artistas que doaron de forma totalmente desinteresada as súas obras para esta causa
Asmara chegou a campo de desprazados internos de New Shabelle tres días antes desta entrevista. O traxecto levoulle 10 días e 10 noites, dende a súa casa no sur de Somalia ata Bosasso, na rexión setentrional de Puntalandia. Compartimos a súa testemuña a través de Save the Children.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) confirmou un brote de cólera en Somalia, co maior número de casos en Mogadishu, como consecuencia da falta de auga potable e a desnutrición.
A tertulia, participada polos internos/as da cárcere de A Lama (Pontevedra), ofrece diversas reflexións sobre a situación que padecen milleiros de seres humans no corno de África. Este espazo de radio pertence ao programa integral de Comunicación para o Desenvolvemento que, dende o ano 2008, realizase no interior do centro penitenciario.
Download Embed Insertar este video en tu web
Unhas 200 familias están a ser trasladadas diariamente ao campo de Ifo 3, cuxas instalacións aínda carecen dos servizos mínimos, mentres o campo de Ifo 2, que ten o equipamento necesario, permanece pechado.
A axuda será prestada a través dun convenio asinado coa ONGD Farmacéuticos Mundi para levar a cabo actuacións humanitarias e de emerxencia en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano
A situación a día de hoxe tanto en Somalia como en todo o denominado Corno de África é extremadamente grave, con unha das peores secas dos últimos 60 anos e cun aumento desproporcionado no prezo dos alimentos que non fixo máis que agravar aínda máis as cousas. O conflito armado que desde fai 20 anos arrasa aos somalíes e a falta de acceso por parte da poboación aos servizos de salud e á axuda alimentaria terminaron por provocar novas ondas de refuxiados e de desprazados internos e unha das maiores crises nutricionales que se recordan na zona.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics