O Fondo da ONU para a Infancia (UNICEF) e o Programa Mundial de Alimentos (PMA) advertiron que Yemen podería chegar a unha situación de crise humanitaria semellante á que atravesa Somalia. As axencias explicaron que case a metade dos yemenís vive na pobreza, ademais de que preto do 50% dos nenos padecen un dos niveis de desnutrición grave máis altos do mundo. Engadiron, así mesmo, que a precariedade económica se agudizou pola crise política.
O planeta conta xa con 506 millóns de mulleres analfabetas e o número segue crecendo posto que nos países en desenvolvemento, se hai que escolarizar un neno ou unha nena, se adoita priorizar ao primeiro. Como consecuencia diso contan xa trinta e sete millóns de nenas sen escolarizar no mundo.
Máis de 10 millóns de persoas do Corno de África sofren unha das crises humanitarias máis graves das últimas décadas. E por iso que distintas ONGD que traballan na zona dende hai anos, habilitaron números de contas de emerxencia para recadar fondos.
O Corno de África sofre unha das perores crises humanitarias das últimas décadas. Máis de 10 millóns de persoas sofren fame crónica.
As remesas que envían os traballadores emigrantes de Guatemala permiten ás súas familias cubrir as súas necesidades básicas e acceder a algúns servizos, pero a ausencia dos pais afecta o comportamento dos nenos e adolescentes que permanecen no seu país.
José Augusto Mendoça, un dos correspondente de Agareso Internacional máis activos, relata a súa experiencia nas rexións de Quinará e Tombalí. Unicef está a traballar en terreo e o representante en Guinea Bissau de Agareso viviu en carne propia a cooperación internacional. Aquí expresa as súas vivencias.
Download
Embed Insertar este video en tu web
É posible interromper o ciclo da pobreza e a desigualdade a través do investimento nos 1.200 millóns de adolescentes de 10 a 19 anos de idade que hai no mundo. É a conclusión que se desprende do informe O Estado Mundial da Infancia 2011, publicado baixo o título A adolescencia: unha época de oportunidades.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics