O goberno mexicano incumpriu a súa promesa de protexer as persoas emigrantes fronte aos abusos xeneralizados contra os dereitos humanos. Así o manifestou Amnistía Internacional, con motivo do Día Internacional do Migrante.
¿Quere un chicle?
-Non se baixe do coche lévanllelo mentres o semáforo marca alto.
¿Ve os seus zapatos demasiados sucios?
- Non os limpe nin se canse en agacharse. Alguén o fará por vostede.
¿Antóllanselle unhas papas fritas?
-Tranquilo, na esquina véndenllelas con moito chile e limón.
¿Dificúltaselle ver tras o cristal porque o seu coche ten unha grosa capa de terra?
-Uff, nada que non resolva un atrevido que brinque sobre o seu cofre e límpalle con auga o embazado cristal.
¿Á súa amada quérelle regalar unha vermella e radiante rosa para expresarlle o seu amor á luz da noite?.
- Iso tampouco é problema, venderanlla por menos de 2 dólares aínda fresca.
O antollo de chicle e as papas fritas, a pulcritude do calzado, a limpeza do coche e ata a rosa resolveranas pequenas mans. Nenos e Nenas mexicanas que camiñan entre automóbiles para rapidamente subirse a un coche e a limpar o sucio que pode estar o cristal, ou que acompañan aos seus pais a vender comida o centro da cidade. Nenos que camiñan entre bares e antros á busca de namorados para ofrecelos rosas ou pequenos que se agachan para dar graxa aos zapatos que superan ata por catro veces o número que levan eles.
Si se o les e vives nun país onde os nenos pasean sorrintes nas suas carriolas ou corren en parques con poucos amigos porque a natalidade é de menos de 2 fillos, isto poderá impresionarte e moverte todo tipo de sentimentos. Se o les en México, sabes que é a realidade, que é algo cotián que neste país q os nenos estean nas rúas traballando.
Iso sábeo e buscan atender, sen xulgar a esta poboación a organización Civil Mamá Ac que traballa con nenos e nenas cuxas familias traballan nas rúas como vendedores ambulantes, moitos deles indíxenas que migraron á cidade de Guadalajara en busca de mellores oportunidades. As cidades como satélites que atraen pero que tamén discriminan e estigmatizan.
Tamén hai nenos, fillos de pais que creceron fai como 20 anos na rúa pero agora grazas a esta organización civil levan os nenos á escola mentres eles continúan como vendedores no centro de Guadalajara.
Este 10 de Decembro é Día Internacional dos Dereitos Humanos. campUSCulturae é un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela creado por Xosé Neira e Irene García. Aínda que ás veces a vida se sente que se navega contracorrente sempre se encontras barcos dispostos a navegar por un mundo de igualdade. Como correspondente de Agareso en México nos sumamos a esta iniciativa que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, onde participará a Radio Galega e a Televisión de Galicia con programas realizados en directo. Que busca incluír postais audiovisuais dende 10 escolas distintas procedentes doutros tantos países do mundo, presentando cada unha un dereito da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia.
A cada país correspondeulle un dereito en especial. Este foi o que lle tocou a México:
Artigo 9º.
O neno debe ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación.
Non será obxecto de ningún tipo de trata.
Non deberá permitirse ao neno traballar antes dunha idade mínima axeitada; en ningún caso se lle dedicará nin se lle permitirá que se dedique a ocupación ou emprego algún que poida prexudicar a súa saúde ou educación ou impedir o seu desenvolvemento físico, mental ou moral.
En palabras é exacto e profundo pero na realidade non para todos existe. Un artigo "que como din os nenos de Mamá Ac "aquí" non se cumpre e iso é inxusto". Estas son as voces de nenos e nenas mexicanas que acoden á escola de 3 horas da organización civil Mamá Ac, a cal consiste en menos horas que unha escola convencional comprendendo que estes nenos ao traballar tamén achegar economicamente a familias de escasos recursos. Segundo información de UNICEF en México hai case 4 millóns de nenos traballadores que resolven esas primeiras preguntas que tiña este artigo e moitas outras. Nun informe de Unicef sinala "En México, 3.6 millóns de nenos, nenas e adolescentes entre os 5 e 17 anos de idade están a traballar de acordo ao Módulo sobre Traballo Infantil da Enquisa Nacional de Ocupación e Emprego (ENOE 2007). O anterior equivale ao 12,5% da poboación infantil deste mesmo rango de idade. Deles, 1.1 millóns son menores de 14 anos; é dicir, non cumpriron coa idade mínima para traballar marcada pola Lei Federal do Traballo. "
Ao principio da actividade algúns dos nenos non querían debuxar outros máis facían trazos para ilustrar a súa historia. Ao final, a mestra Jassel conta que estes Rapaces Iván, Hugo, Héctor os que non querían debuxar son os que máis cansos chegan a clases, os que adoitan estar máis esgotados porque traballar e estudar desgasta. Estas son as súas voces e os seus rostros, se escoitas que falan en terceira persoa de " un neno que coñecen e traballan" é porque se apesaran en dicir que son eles os que traballan, son eles os que limpan coches ou venden gomas de mascar nas rúas. Son eles os que resolven esas preguntas que lías ao principio.
O proxecto é campUSCulturae ademais que ser un proxecto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, conta co co-financiamento da Culture Agency de la Comisión Europea a través do programa "Culture"
A Oficina da Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos expresou gran preocupación polos recentes asasinatos e ataques brutais a xornalistas en México, que ilustran a deterioración da liberdade de expresión nese país.
Como Nai, Gloria, considera que é o seu deber non deixar de visitar os seus fillos. Como Esposa, Rosa Elena, cre que deixar de visitar o seu esposo que está preso non sería o correcto. Como Hija, Josefina pensa que se non ve o seu pai é mala muller. As tres viaxan nun camión rumbo ao penal. Están libres pero seguen visitando os seus familiares presos.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Desaparecido, celebrado cada 30 de agosto, Reporteiros Sin Fronteras recorda que moitos países aínda violan o dereito internacional nesta materia, incluída a "Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas", adoptada pola Asemblea Xeral da ONU en 2006.
A UNESCO reúne a 25 expertos en México para repensar o desenvolvemento máis alá de enfoques meramente económicos e técnicos.
O blog Referencias reflexiona sobre unha organización exemplar que non dubidou en apoiar os seus proxectos na Comunicación para o Desenvolvemento para amplificar a voz dos campesiños e desenvolver criterios nítidos de Soberanía Alimentaria.
A actividade terá lugar este martes 14 de xuño ás 20.00 horas no local social de Amarante Setem en Pontevedra e versará sobre a ‘’Cooperativa Kinal Antzetik: o seu traballo sobre a simboloxía maia na canle do Comercio Xusto e as súas repercusións sociais.
A crítica situación social de México, nalgúns estados máis que noutros, é de tal envergadura que o propio sistema mostra continuas evidencias de incapacidade para mitigar e reducir o grao de violencia existente, así como as súas diversas manifestacións.
O xoves 14 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Policarpo Sanz 24-26) a proxección do documental Los invisibles.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics