Dous mil once pasará á historia como un ano de éxito para a dignidade humana. O activismo de dereitos humanos nunca foi máis actual ou máis vital, e a través do poder transformador dos medios de comunicación social, persoas correntes convertéronse en activistas de dereitos humanos. Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos , a ONU quere render unha homenaxe a todos os defensores destes dereitos, e pide aos cidadáns que participen no movemento mundial, para que máis persoas coñezan, esixan e defendan os seus dereitos.
O centro comercial Área Central, en Santiago de Compostela, acolle unha exposición sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos realizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz con motivo da celebración do 63 Aniversario do que, probablemente, é o texto máis relevante e influínte do século XX. Consta de 32 paneis onde pódese ler o texto dos 30 artigos da Declaración Universal ilustrados polo artista Fausto Isorna.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics