Cultivos arrasados, infraestruturas desfeitas e centos de familias evacuadas. É o panorama desolador que deixa nestes momentos a tormenta tropical 12 E no Baixo Lempa, a rexión salvadoreña onde hai apenas tres meses a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios executaba o seu primeiro proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento no exterior. As nenas e nenos que participaron naquela experiencia radiofónica nas aulas non acoden á escola dende hai varios días, pois coa declaración do Estado de Emerxencia se suspenderon as clases.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics