O desastre humano do cárcere de Comayagua, en pleno corazón de Honduras, é froito dunha falta de "todo" no cumprimento dos Dereitos Humanos. A cifra podería acariñar os catro centenares de mortos atrapados nun incendio dun centro penal que, polas características coñecidas, máis ben representaría aos presidios de outrora. Un espazo de reclusión convertido nunha rateira mortal ante a ausencia manifesta de responsabilidade gobernamental, administrativa e profesional.
Ante a condena da ONU ao Estado español pola morte do senegalés Sonko, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) lembra a obrigación das Forzas de Seguridade de garantir a seguridade das persoas refuxiadas e facilitar o seu acceso á protección internacional. A vítima proviña dunha rexión de Senegal inmersa nun grave conflito e podería solicitar protección internacional se os axentes españois houbesen respectado os procedementos legais.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics