"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo ONU: Un ano extraordinario para os Dereitos Humanos
Venres, 09 Decembro 2011 20:26

ONU: Un ano extraordinario para os Dereitos Humanos

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Dous mil once pasará á historia como un ano de éxito para a dignidade humana. O activismo de dereitos humanos nunca foi máis actual ou máis vital, e a través do poder transformador dos medios de comunicación social, persoas correntes convertéronse en activistas de dereitos humanos. Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos , a ONU quere render unha homenaxe a todos os defensores destes dereitos, e pide aos cidadáns que participen no movemento mundial, para que máis persoas coñezan, esixan e defendan os seus dereitos.

Os dereitos humanos pertencen por igual a cada un de nós e mantéñennos unidos como unha comunidade mundial que comparte os mesmos ideais e valores, e como comunidade mundial na que todos compartimos un día en común: o Día dos Dereitos Humanos o 10 de decembro, no que se rememora o nacemento, hai 63 anos, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Este ano, millóns de persoas decidiron que chegara o momento de reclamar os seus dereitos, saíron ás rúas e esixiron un cambio. Moitos fixéronse oír utilizando Internet ou enviando mensaxes instantáneas para informar, inspirar e mobilizar os seus simpatizantes na busca dos seus dereitos humanos fundamentais.

"Moitas das persoas que buscaban lograr as súas lexítimas aspiracións estaban conectadas a través das redes de comunicación social. Atrás quedan os días en que os gobernos represivos podían controlar por completo o fluxo de información, afirmou o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon.

Os medios de comunicación social axudaron aos activistas a organizar movementos pacíficos de protesta en cidades de todo o mundo - dende Túnez a Madrid, dende El Cairo a Nova York - ás veces facendo fronte a unha violenta represión.

"Sabemos que aínda hai demasiada represión no noso mundo, demasiada impunidade, que aínda quedan demasiadas persoas cuxos dereitos non son aínda unha realidade. Non obstante, agora que remata un ano extraordinario para os dereitos humanos, tomemos forza dos logros alcanzados neste 2011", engadiu o máximo responsable de Nacións Unidas.

Pola súa banda, a Alta Comisionada da ONU, Navi Pillay, invitou todos os cidadáns a sumarse á campaña en Internet, a través de Twitter, Facebook, YouTube e Weibo, para divulgar información sobre os seus dereitos e impulsar as denuncias das súas violacións.

Máis información



Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31