"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Da seca ás inundacións, a fame segue golpeando Somalia
Luns, 07 Novembro 2011 12:43

Da seca ás inundacións, a fame segue golpeando Somalia

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
Da seca ás inundacións, a fame segue golpeando Somalia ONU

Miles de persoas víronse afectadas polas intensas chuvias en Somalia, Kenya e Etiopía, informou a axencia da ONU responsable dos refuxiados, a ACNUR.

O seu voceiro, Andrej Mahecic, indicou que só na capital, Mogadiscio, as chuvias inundaron os campamentos de dous mil oitocentos desprazados.

Outros cinco mil somalís perderon os seus refuxios nunha das zonas do campamento kenyano de Dadaab.

A ACNUR está a axudarlles con novas tendas de campaña e outros utensilios de supervivencia.

Ademais, continúan os movementos de somalís debido á inseguridade.

"Ata este momento, 330.000 somalís fuxiron este ano da seca e a inseguridade, refuxiándose nos países veciños. Aínda que as chuvias recentes nalgunhas partes da rexión poden traer certo alivio a áreas afectadas pola seca, é bastante improbable que mitiguen a fame, a menos que poida mellorar a actividade agrícola nunha clima máis seguro," explicou o voceiro.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31