"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Perigo de desastre humanitario en Yemen
Mércores, 26 Outubro 2011 09:24

Perigo de desastre humanitario en Yemen

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
Perigo de desastre humanitario en Yemen Phoebe Greenwood (IPS/AJ)

O Fondo da ONU para a Infancia (UNICEF) e o Programa Mundial de Alimentos (PMA) advertiron que Yemen podería chegar a unha situación de crise humanitaria semellante á que atravesa Somalia. As axencias explicaron que case a metade dos yemenís vive na pobreza, ademais de que preto do 50% dos nenos padecen un dos niveis de desnutrición grave máis altos do mundo. Engadiron, así mesmo, que a precariedade económica se agudizou pola crise política.

O representante de UNICEF en Yemen, Geert Cappelaere, resaltou que o país, de 24 millóns de habitantes, está ao bordo dun desastre humanitario. Cappelaere recordou que esta nación rexistra indicadores de desenvolvemento comparables aos de África subsahariana.

Pola súa banda, o PMA sinalou que a porcentaxe de poboación desnutrida no norte de Yemen é semellante ao das rexións máis afectadas pola seca en Somalia, agregando que no sur, os enfrontamentos do exército con grupos armados irregulares provocaron desprazamentos masivos que empeoran a inseguridade alimentaria.

Os organismos da ONU apuntaron como outra agravante da crise humanitaria a crecente cantidade de emigrantes do Corno de África que chega ás costas yemenís fuxindo da fame e a violencia nos seus países.

Na actualidade, Yemen produce apenas o 20% dos alimentos que necesita a súa poboación.


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31