"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo México: A ONU, alarmada por ataques a xornalistas
Venres, 30 Setembro 2011 20:42

México: A ONU, alarmada por ataques a xornalistas

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
México: A ONU, alarmada por ataques a xornalistas ONU

A Oficina da Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos expresou gran preocupación polos recentes asasinatos e ataques brutais a xornalistas en México, que ilustran a deterioración da liberdade de expresión nese país.

O voceiro desa Oficina, Rupert Colville, subliñou a vulnerabilidade dos profesionais da información en México e recordou que só en setembro a ONU condenou publicamente catro crimes.

Colville referiuse ao asasinato de María Elizabeth Macías, do xornal Primera Hora, de Nuevo Laredo, quen foi decapitada e mutilada o fin de semana pasado e apareceu cunha mensaxe que explicaba o asasinato como consecuencia das súas críticas aos grupos criminais. O voceiro citou, asimesmo, a mensaxe ameazando os usuarios do internet colgado xunto cos corpos de dous civís na mesma cidade fronteiriza.

"É claro que eses asasinatos son cometidos para enviar mensaxes perturbadoras que silencien a información sobre a violencia dos narcotraficantes. Tamén buscan desafiar as campañas das autoridades que promoven a notificación anónima de calquera actividade criminal", dixo.

Colville afirmou que é extremadamente preocupante a impunidade que rodea a estes casos, ao igual que a crimes similares cometidos nos últimos anos. Agregou que é alarmante que algúns destes crimes parecen ter sido cometidos coa cooperación ou consentimento de axentes estatais.

Neste sentido, urxiu ás autoridades de México a investigar a fondo e de xeito imparcial estes incidentes. Do mesmo modo, recordou ao goberno a súa obriga de protexer a poboación.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31