Un equipo de Médicos sin Fronteras (MSF) formado por seis persoas logrou acceder a Libia, cruzando a fronteira desde Exipto, cun camión de medicamentos e subministracións médicas. Nestes momentos, o equipo está de camiño a zonas onde os centros de saúde informan dun gran número de persoas feridas como consecuencia dos violentos enfrontamentos.
MSF está extremadamente preocupada pola situación e o seu persoal está a traballar sen descanso para acceder a zonas de Libia onde gran número de persoas ven afectadas pola violencia.
Por agora, a inseguridade imposibilita a chegada dunha moi necesaria axuda humanitaria a Trípoli, a capital de Libia, a pesar da urxencia.
Outro equipo de MSF atópase bloqueado na fronteira tunisiana.
A organización segue traballando para enviar subministracións e persoal a Libia. Un segundo camión con material médico, incluído material cirúrxico, está de camiño cara á fronteira entre Exipto e Libia.











