"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba A Princesa de Arabia Saudita visita Guinea-Bissau
Xoves, 20 Outubro 2011 08:01

A Princesa de Arabia Saudita visita Guinea-Bissau

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
A Primeira Dama Saudita e a Primeira Dama de Guinea-Bissau A Primeira Dama Saudita e a Primeira Dama de Guinea-Bissau José Augusto Mendoça

José Augusto Mendoça / Bissau – A Princesa de Arabia Saudita, acompañada do seu marido, o irmán máis novo do Rei Abdula, realizou unha visita a Guinea-Bissau en resposta á invitación daFundação Ninho da Criança, organización presidida pola esposa do presidente guineense.

Á súa chegada ao Aeroporto Internacional de Bissau, Noura Nardeza comentou á prensa que veu á súa “segunda patria” para axudar os nenos guineenses,  e manifestou a súa dispoñibilidade en establecer colaboracións coa Fundación.

En canto ás áreas que pensa apoiar na Fundación, a Princesa afirmou que de entrada vai tentar coñecer a realidade do país, examinar informacións para, posteriormente, identificar os aspectos que necesitan de apoios.

En relación ao apoio que van prestar á Comisión Organizadora da Conferencia das Primeiras Damas de África prevista para o mes de Decembro na Guinea-Bissau, a Princesa de Arabia Saudita prometeu dar unha gran contribución para materializar o evento.

Así mesmo, agradeceu o recibimento que recibiron tanto ela como a súa comitiva.

Posteriormente, Noura Nardeza e o seu marido Sulaiman Ao Fahin foron recibidos en audiencia polo Presidente da República Malam Bacai Sanha. Á saída do encontro, Sulaiman Ao Fahin esclareceu que viñeron  ao país para fortificar as “boas relación” existentes entre o mundo árabe, en particular a Arabia Saudita, con Guinea-Bissau,  así como implementar algúns proxectos que o país necesita, os cales non especifico.

En relación ás áreas nas que se vai a apoiar a Guinea-Bissau, Suleiman Ao Fahin, comentou que ao ser a primeira vez que están de visita ao país, aínda non teñen mínimas nocións das áreas en poden intervir, engadindo que a finais da visita xa van poder decidir sobre os dominios nos que eventualmente irán intervir.

A pesar de todo revelou que a construción dun Centro Social para a acollida de nenos constitúe unha  prioridade nos futuros proxectos de intervención en Guinea-Bissau.


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda