"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba Brasil ofrece sete toneladas de antirretrovirais a Guinea-Bissau
Luns, 12 Setembro 2011 21:52

Brasil ofrece sete toneladas de antirretrovirais a Guinea-Bissau

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(1 vote)
Cargamento de antirretrovirais entregado a Guinea-Bissau. Cargamento de antirretrovirais entregado a Guinea-Bissau. José Augusto Mendoça

O goberno de Brasil ofreceu a Guinea-Bissau máis de sete toneladas de medicamentos antirretrovirais, presupostadas en preto de tres millóns de dólares, destinadas a combater a enfermidade da Sida.

José Augusto Mendoça / Bissau, ANG.- A entrega foi feita polo embaixador do Brasil en Guinea-Bissau, Jorge Geraldo Kadry ao primeiro ministro, Carlos Gomes Júnior, que na ocasión agradeceu o goberno brasileiro e recordou a axuda que este fixo ao país dende os anos da independencia e que comprenden áreas como educación, agricultura e, agora, a mellora da saúde.

Carlos Gomes recordou tamén que foi grazas á influencia deste país "irmán lusófono", xunto coa ONU, que se fixo posible a adopción de proxectos relacionados coa realización dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) no que respecta a Guinea-Bissau, e cuxos obxectivos se resumen nos slogans "Saúde para Todos" e "Combate a Pobreza".

Carlos Gomes Júnior recoñeceu que Guinea-Bissau ten dificultades no combate do VIH/SIDA, polo que os apoios recibidos ata aquí de parte do Fondo Global e algunha ONG se revelaron moi importantes.

O xefe do executivo pediu aínda máis apoios de parte destes compañeiros con destino a diminuír a propagación da epidemia no país, malia que se estea a rexistrar unha redución significativa neste sentido, segundo o informe do ano pasado do Secretariado Nacional de Loita contra a Sida (SNLS).

Gomes Júnior destacou que o goberno debe contribuír nese proceso, a través da exención da taxa aduaneira non só deses medicamentos, senón de todos os materias postos a disposición do goberno e destinados ao ben da sociedade guineense.

"Moitas veces iso non sucede por falta da sensibilidade dos técnicos", criticou o xefe do goberno, que revelou que xa ordenou ao seu ministro da Saúde que lle informe cando xurda unha situación deste tipo, para así poder tomar unha decisión en menos de "48 horas".

Para o Embaixador Jorge Geraldo Kadri, a entrega destes remedios constitúe un orgullo e aproveitou a ocasión para anunciar a entrega o próximo ano de cinco mil preservativos, todo no cadro do combate da enfermidade da Sida.

"Brasil agora actúa tamén nos dominios de Saúde, Defensa e Formación Técnico Profesional", informou o diplomático brasileiro.

O secretario executivo do SNLS, João José Silva Monteiro recordou que a oferta traduce o empeño do goberno guineense no combate da Sida e engadiu que os medicamentos agora recibidos van axudar a trabar a propagación da epidemia.

Con iso, proseguiu o secretario executivo do SNLS, os 4.320 seropositivos identificados no réxime de tratamento vanse beneficiar dun seguimento gratuíto e de calidade para que poidan vivir máis tempo.

"O Sida é unha enfermidade que destrúe o noso organismo e hai necesidade de trabar a súa evolución no noso corpo e fortalecer as nosas defensas para poder levar unha vida saudable. E iso é posible con medicamentos como o antirretroviral ", concluíu João José Silva Monteiro.

Información adicional

  • Subtítulo:
Última modificación en Mércores, 14 Setembro 2011 08:44
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda