"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba Saúde Ocular: Aumenta o número de pacientes nos hospitais
Luns, 13 Xuño 2011 07:44

Saúde Ocular: Aumenta o número de pacientes nos hospitais

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(0 votos)

O fluxo de persoas con problemas de saúde ocular xunto ao Hospital Simão Mendes e demais hospitais, ou como os centros oftalmolóxicos do país, demostra que doenzas asociadas están a crecer cada día que pasa.

Bissau, AGARESO / José Augusto Mendonça – A contestación é do Director Nacional Oftalmolóxico da Guinea-Bissau, Meno na Bicassa.

Considerou que tal feito ven demostrar que, ao final, as persoas xa gañaran a consciencia sobre a importancia de consultas regulares da vista.

“En realidade o aumento ten que ver coa cultura da saúde ocular no país", explicou este clínico subliñando que as persoas agora son máis conscientes da importancia da saúde ocular e óptanse precozmente por tratamento médico”.

Bicassa lamentou non obstante que os servizos sanitarios que tratan casos oculares afrontan grandes dificultades, nomeadamente de orde material.

Para arranxar tales dificultades materias depositan a súa confianza en Gâmbia, país co cal existe unha cooperación neste eido e que posúe moita experiencia no dominio da saúde ocular.

 

“Estamos esperanzados de que en breve superemos estas dificultades co apoio gambiano”

Acaba de chegar a Bissau un grupo de técnicos oftalmolóxicos formados na Republica veciña da Gâmbia, que segundo Bicassa foron instalados en case todas as rexións do país, para atención das poboacións. “Fixemos descentralizar os servizos de atencións de casos oftalmolóxicos para as rexións, a través da colocación dos referidos técnicos formados na Gâmbia. Simão Mendes pasa a atender só os casos máis complicados", dixo.

Meno na Bicassa eloxiou a colaboración existente entre o centro oftalmolóxico, da Granxa de Pessubé, pertencente a Misión Evanxélica da Guinea-Bissau, e o Ministerio da Saúde.

De acordo con este responsable, o “ hospital de vista da granxa”, como é vulgarmente coñecido o centro de Pessubé, ten traballado máis con persoas necesitadas, a baixo custe.

Os servizos oftalmolóxicos posúen tres médicos, 33 técnicos, de entre os cales, nove son ciruxáns de cataratas, cinco enfermeiros oftalmolóxicos, quince enfermeiros comunitarios e sete optometristas, que son os especialistas que se ocupan da graduación ocular.

Información adicional

  • Subtítulo:
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda