Organizado pola UJAO, co apoio financieiro da Comunidade Económica dos Estados da África Ocidental (CEDEAO), o evento ten por obxectivo principal mellorar a capacidade e sensibilizar aos xornalistas participantes sobre as técnicas de reportaxes para a web e de inculcarlles nocións sobre a seguridade en Internet.
Créase un encontro de xornalistas nacionais nos países membros da UJAO no uso de TIC, como vehículo para axudar aos seus colegas a acadar os mesmos coñecementos para estar capacitados para desenvolver as súas actividades eficazmente e usar este utensilio para favorecer a democracia e a transparencia na sub-rexión africana.
Espérase que os participantes estean mínimamente formados en materia de TIC, para asím poder pasar os seus coñecementos aos colegas dos respectivos países a través do acceso á formación neste senso que, posteriormente, será organizado polos respectivos sindicatos nacionais. Tamén con este seminario preténdese elevar o nivel da consciencia sobre a seguridade en Internet entre os xornalistas africanos do Oeste.
Os participantes neste evento serán os referentes da UJAO nos seus países e servirán como punto de conexión entre os respectivos sindicatos nacionais e aquela organización Oeste Africana.
A cerimonia de apertura foi presidida polo Secretario-xeral do Ministerio da Comunicación e Novas Tecnoloxías de Mali, Cheick Oumar Maogré, quen deu a benvida aos xornalistas oriundos de países membros da CEDEAO e Mauritania. Manifestou ademais a satisfacción do seu goberno por acoller o seminario.
Pola súa banda, o Presidente da UJAO, manifestou o compromiso da organización que dirixe no senso de proporcionar aos seus membros novas ferramentas de TIC, para axudar a mellorar a súa eficacia e eficiencia. Lamentou o Presidente do UJAO, as dificultades financieiras da organización que dirixe neste momento.
Mohamed Garba, de Nixeria, agradeceu asimesmo os apoios financieiros dispostos pola CEDEAO, feito que permitíu que este foro teña lugar, así como as autoridades malianas pola acollida calorosa e fraternal proporcionada a todos os participantes.
Xornalismo e TIC, seguridade informática e Internet, os utensilios do WEB 2.0, exercicios prácticos sobre a creación e xestión de blogs e producción de contidos para as páxinas web en cada país membro, así como a xestión técnica do site da UJAO, foron temas a debater nos tres días de formación.
José Augusto Mendonça
Enviado especial da AGARESO a Bamako, Mali











