"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba Cuba e Venezuela apoian a Guinea-Bissau no combate da malaria
Martes, 28 Decembro 2010 13:30

Cuba e Venezuela apoian a Guinea-Bissau no combate da malaria

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(1 vote)
Firma do acordo para erradicar a Malaria entre Cuba, Venezuela e Guinea-Bissau. Firma do acordo para erradicar a Malaria entre Cuba, Venezuela e Guinea-Bissau. José Augusto Mendoça

O Goberno da Guinea-Bissau espera, dentro de 2 anos, erradicar a malaria e combater en polo menos o 80 por cento as enfermidades transmitidas polo mosquito, contando para iso con importantes apoios de Cuba e Venezuela na implementación dun novo proxecto neste sentido.

Este apoio concretouse o 24 de decembro a través da firma dun acordo tripartito entre o Ministro de Saúde Nacional de Guinea-Bissau, o Embaixador de Venezuela e o Director do Laboratorio de Fabrica e Distribución de medicamentos de Cuba (LabioFam).

Adiato Djaló Nandigna, ministra de Comunicación Social de Guinea-Bissau asistiu ao evento en representación do Primer ministro, Carlos Gomes Júnior.

Os gobernos de Guinea-Bissau e Cuba, que vai achegar os recursos humanos, así como o de Venezuela, que apoiará cos fondos financeiros, van unir forzas para desenvolver un proxecto de loita anti-vectoriana e o uso dun novo método biolóxico para combater a malaria.

"Non soamente a enfermidade na súa versión transmitida polo mosquito, senón posibilitar a mellora das condicións de vida da poboación guineana", aclarou á prensa o Director do LabioFam, Félix Quintar Pulido, que engade que o proxecto terá unha duración de 2 anos e se iniciará a mediados de 2011.

O ministro da Saúde guineano aclarou que Venezuela vai liberar 1.4 millóns de dólares, mentres da parte do país de Fidel Castro, teñen-de vir os técnicos no ámbito deste proxecto.

"Pola nosa banda, só nos queda beneficiarnos deste apoio", alegrouse Camilo Simões Pereira, quen detallou que o proxecto consiste nun novo método de loita anti-malaria e das outras enfermidades cuxo vector principal é o mosquito.

En consonancia co gobernante guineano, os técnicos cubanos desenvolveron un método innovador que consiste no uso de larvas do insecto que causa a enfermidade para combater esta.

"Pensamos que no primeiro semestre do próximo ano imos dar inicio ao proxecto e imos poder erradicar o paludismo e combater as enfermidades transmitidas" polos mosquitos" "nun 80 por cento", dixo o ministro, engadindo que o proxecto afectará a todo o territorio nacional.

"É ben posible que poidamos comezar cunha rexión especifica pero, aos poucos, imos o amplíar a todo o país", concluíu Camilo Simões Pereira.


Información adicional

  • Subtítulo:
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda