"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba O Goberno de Guinea Bissau relanzará o cultivo de algodón en 2011
Mércores, 22 Decembro 2010 14:10

O Goberno de Guinea Bissau relanzará o cultivo de algodón en 2011

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(2 votos)
Ministro de Agricultura de Guinea Bissau, Barros Bacar Banjai. Ministro de Agricultura de Guinea Bissau, Barros Bacar Banjai. José Augusto Mendoça

O Executivo guineano ten a determinación de retomar, a partir de 2011, o cultivo, embalaxe, exportación e relanzamento da produción de algodón en Guinea-Bissau, ao igual que sucedía ata o ano 2001.

Proba deste empeño foi a visita efectuada o día 19 de decembro á fábrica de algodón de Bafatá, na cidade do mesmo nome, por unha delegación do Ministerio de Agricultura, encabezada polo seu titular, Barros Bacar Banjai, e que tamén integraba o Director Xeneral da Ecobank (cadea de bancos da subrexión occidental africana) en Guinea-Bissau e o representante do Banco Oeste Africano de Desenvolvemento.

O obxectivo do desprazamento dos representantes destas dúas institucións financeiras constitúe unha primeira toma de contacto coa capacidade da unidade fabril, para así poder investir na súa recuperación.

O Ecobank e o BOAD van presentar o informe desta misión ás empresas eventualmente interesadas en adquirir aquela fábrica. Posteriormente, cada empresa vai enviar técnicos para facer levantamentos sobre o seu estado e necesidades, os cales serán financiados por estas dúas institucións.

A delegación que integraba varios técnicos e responsables rexionais do MADR percorreu toda a instalación da fábrica, dende o almacén de stock de produtos á máquina de embalaxe e pesado e o grupo electróxeno que aprovisiona a esta de luz eléctrica, pasando polo perforo de auga.

O Ministro da Agricultura e Desenvolvemento Rural pronunciou un discurso que comezou por esclarecer que o relanzamento dos produtos comerciables e exportables en Guinea-Bissau é unha preocupación que o executivo liderado por Carlos Gomes Júnior incluíu no seu programa de goberno.

Informou de que a misión se desenvolveu en Bafatá por orientación do primeiro ministro, para responder ás demandas do representante dos Agricultores e do dos Régulos de Bafatá sobre a necesidade de poñer máis atención á produción algodoeira.

"Carlos Gomes Júnior, por coñecer a importancia deste produto na elevación do nivel de vida das poboacións, está moi interesado en relanzar a produción de algodón no país", referiu Barros Bacar Banjai.

Recordou que foi o executivo liderado por Carlos Gomes Júnior o que en 2005 conseguiu liquidar as débedas dos diferentes actores de produción da fábrica durante a ruptura desta e engadiu que ao tomar posesión do cargo este o instruíu para privilexiar o informe da empresa.

Barros Bacar Banjai anunciou a transformación das asociacións de campesiños de algodón non só da rexión de Bafatá senón tamén das outras partes do país, nunha nova sociedade capaz de absorber fondos privados.


Información adicional

  • Subtítulo:
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda