"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba O correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau, gañador dun premio literario
Venres, 17 Decembro 2010 12:48

O correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau, gañador dun premio literario

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(1 vote)
José Augusto Mendoça (esquerda) recolle o premio literario José Carlos Schwartz en Guinea Bissau. José Augusto Mendoça (esquerda) recolle o premio literario José Carlos Schwartz en Guinea Bissau. José Augusto Mendoça

O Director de Información da Axencia Informativa de Guinea (ANG), e correspondente no país da Asociación Galega de Reporterios Solidarios (AGARESO), José Augusto Mendoça, foi declarado vencedor da edición 2010 do concurso literario José Carlos Schwartz na categoría de conto pola súa obra “A Ironía do Destino”. O concurso está promovido pola Embaixada de Brasil na Guinea-Bissau e o xornalista adicoullo á súa ONGD.

“Neste exacto momento, a máis de 30 mil quilómetros de distancia, precisamente no norte de España, na localidade de Pontevedra, en Galicia, latexan de alegría corazóns dunha trintena de amigos cos cales comparto a vida profesional na organización chamada AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) ”.

Foron as primeiras palabras proferidas por José Augusto Mendonça, Director de Información e correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau, ao recibir das mans do Primeiro Secretario da embaixada de Brasil no país, na noite de día 16, o Premio “José Carlos Schwartz”, por situarse como primeiro clasificado na categoría do conto do concurso literario promovido pola misión diplomática brasileira no país.

“O premio non só serve de homenaxe a estes os meus amigos, tamén o dedico a todos os correspondentes da nosa organización, así como á miña familia, especialmente a miña filla, Estrela”, destacou o distinguido xornalista, que concursou a este galardón co conto de titulo “A Ironía do Destino”.

“A Ironía do Destino”, segundo o seu autor, é unha mestura de ficción e realidade sobre prácticas culturais nefastas de certas etnias da Guinea-Bissau, que antes eran levadas a cabo, pero que, felizmente, co avance da modernización, están a ser paulatinamente proscritas na sociedade guineana.

Doutra banda, o xornalista distinguido, que é fillo do falecido Armando Mendonça, un dos primeiros integrantes da agrupación musical Cobiana Jazz, onde o homenaxeado José Carlos Schwartz evoluciona, afirmou vencer o premio porque recibiu inspiración do propio José Carlos, xa que el é compañeiro do seu pai, por tanto, o seu tío.

A edición deste ano do premio José Carlos Schwartz contou con 79 concorrentes, dos cales só unha única muller, por iso, José Augusto Mendonça, lamentou a ausencia da presenza feminina neste certame. Así, incentivou as mulleres a participar masivamente en 2011.

O vencedor do concurso recibiu un diploma, 500 dólares e vaise a beneficiar durante un ano de curso da súa elección na Universidade Lusófona Guineana. Na segunda posición quedou o mozo Jorge Heuser de Carvalho Pereira e Manuel da Costa na terceira, recibindo, respectivamente, un diploma e 250 e 125 dólares. Tamén os dous teñen dereito a cursos na mesma universidade durante 6 e 3 meses, respectivamente.

O Premio en cuestión é o maior instituido en Guinea-Bissau, dende 1991, por unha institución estranxeira en homenaxe a un artista nacional, para distinguir novos valores e talentos na área da literatura, concretamente nas categorías de conto e poesía.

Este ano no capitulo de poesía Seco Silá, un funcionario da propia Embaixada consolidouse en primeira posición, seguíndolle Luís Lamarana Sadjo Barri e Pita Correia, que igualmente recibiron diplomas e 500, 250 e 125 dólares en diñeiro, respectivamente.

Lémbrese que esta é a segunda vez que o xornalista José Augusto Mendonça logra este cobizado trofeo artístico, pois en 2004 conquistárao co libro titulado “O Profanador”. Na edición de 2009, Mendonça participou, quedando en segundo lugar.

“Se cuadra, imos ter que impedirche presentar a túa candidatura á próxima edición”, rebuldou o coordinador do premio, o escritor, Rui Jorge Gomes, referíndose a José Augusto Mendonça, debido ao feito de leste quedou en primeiros postos nas edicións dos últimos 6 anos.

Información adicional

  • Subtítulo:
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

1 Comentario

  • Comentar Link Roberto Baquero Venres, 17 Decembro 2010 21:26 enviado por Roberto Baquero

    Muchas felicidades. Es un honor poder compartir contigo estas páginas. Aunque no me sorprende en absoluto el premio, me produce una gran alegría que haya beneficiado a un miembro de AGARESO.

    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda