"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Mundo Guinea B. - Crónicas de Baba Senegal, Gambia e Guinea-Bissau únense para demandar unha mellora gubernativa
Luns, 13 Decembro 2010 11:28

Senegal, Gambia e Guinea-Bissau únense para demandar unha mellora gubernativa

Escrito por José Augusto Mendonça
Valore este artigo
(1 vote)
Pancarta creada no marco do Foro Social Senegalés. Pancarta creada no marco do Foro Social Senegalés. José Augusto Mendoça

O Foro Social senegalés recomenda investir na transparencia e obrigatoriedade de dar conta da xestión dos recursos e patrimonio dos pobos para ter un bo goberno en Senegal, Gambia e Guinea-Bissau.


José Augusto Mendonça (Enviado especial da AGARESO a Ziguinchor).- Máis de trescentas persoas de Gambia Guinea-Bissau e Senegal participaron no Foro Social Senegalés, denominado “Senegambia”, celebrado na localidade de Ziguinchor entre o 1 e o 4 de decembro. Ao termo das xornadas de traballo, recomendaron que se invista na transparencia e obrigatoriedade de dar conta da xestión dos recursos e patrimonio dos pobos, no camiño do bo goberno nestes tres países.

Os participantes recomendaron á Comisión Organizadora do Foro Social Mundial Dakar 2011 que intercambie documentos entre as delegacións dos tres países, reforce as sinerxias entre os actores do proceso e de máis difusión aos documentos oficiais en vigor no sector social e da educación.

Alertaron tamén de que se teña en conta o problema da diversidade lingüística, que debe ser encarada como riqueza ao servizo dos respectivos pobos. Ademais, exhortaron sobre a necesidade de garantir unha paz duradeira, algo que pasa, segundo os seminaristas, pola necesidade de proceder á enquisa da finalidade do cargamento de armas procedente de Irán e con destino a Gambia, feito que complicou as relacións destes dous países e tamén con Senegal.

Finalmente, apelouse ao respecto aos principios republicanos e a realización de procesos electorais regulares e transparentes, con vista a asegurar un clima de paz e de estabilidade, factores esencias para o desenvolvemento das respectivas nacións.

Para concluír, redactouse unha moción de felicitación e agradecemento ás autoridades administrativas e municipais de Ziguinchor, polo seu apoio e seguimento deste evento. Os participantes testificaron a súa satisfacción aos compañeiros que contribuíron financieramente con 15 dos 60 millóns inicialmente estimados para que este evento tivese lugar.

Información adicional

  • Subtítulo:
José Augusto Mendonça

José Augusto Mendonça

Correspondente de AGARESO en Guinea-Bissau.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda