Comezan as gravacións para o programa final do obradoiro de televisión que Agareso e ACPP promoven no IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, no marco da iniciativa Escolas sen Racismo.
A Coordinadora Galega de ONGD organiza un curso de «Comunicación dixital e participación nas ONGD», unha formación semi presencial que contará cunha clase práctica que terá lugar o venres, 8 de xuño, en Santiago de Compostela, en horario de tarde e mañá.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) están a traballar con alumnado de Santiago de Compostela a educación e a comunicación para o desenvolvemento mediante obradoiros de radio e televisión. A iniciativa encádrase no movemento europeo ‘Escolas sen Racismo’, que engloba xa a máis de 500 centros educativos.
Coa participación de representantes de redes, movementos e organizacións sociais de África, América Latina, Asia e Europa, así como de académicos, estudantes e representantes de ONGDs, terá lugar en Madrid, do 1 ao 3 de marzo, o II Seminario Internacional de Educación Crítica para a Cooperación ao Desenvolvemento.
AGARESO realiza a súa segunda incursión nas accións desenvolvidas no obradoiro para a prevención do consumo de substancias psicoactivas en adolescentes " DI-K-Non", creado pola Unidade Terepéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) e a Fundación Barrié.
No momento actual, a xuventude en situación vulnerable enfróntase a diario a unha realidade social e económica que dificulta moito as súas opcións de inclusión social. Para axudarlles, Igaxes 3 e a USC poñen en marcha neste curso académico 2011-2012 un curso específico de formación.
AGARESO mantén aberto o prazo de preinscripción para a participación na súa IV Convención Anual Comunicación Cooperación, Solidariedade.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) oferta unha praza de traballo para executar o proxecto de fortalecemento da entidade, que comezará a aplicarse a partir do vindeiro 1 de setembro de 2011.
As ONGD Intered Galicia e Mans Unidas participan este ano na organización de dous cursos de formación no marco da Universidade de Verán 2011, en Santiago de Compostela. E Enxeñería sen Fronteiras e Seminario Galego de Educación para a Paz, participarán nas ponencias dun curso sobre participación e xuventude.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics