A Consellería de Traballo e Benestar ven de poñer en marcha a nova Guía informativa sobre a protección xurídica e a discapacidade, que desde hoxe está a disposición dos interesados na páxina web do departamento autonómico. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013 e trátase da primeira destas características que se fai en España.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), vén de convocar unhas Xornadas sobre protección xurídica e discapacidade, dirixidas aos profesionais do ámbito da atención a colectivos desfavorecidos e do xurídico.
Nove usuarios do programa de emprego e formación da Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) realizarán mañá as probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A superación destas probas permite que as persoas sen titulación algunha poidan acceder á formación para o emprego asociada aos certificados de profesionalidade.
A 2ª edición da Feira discapacidade e Emprego de Barcelona terá lugar os próximos días 30 e 31 de Maio de 2012 no Recinto Feiral de Montjuich Plaza España.
Unha embarcación adaptada, unha reprodución da Torre de Hércules en relevo, un rato de ordenador que se manexa co movemento do ollo, un inodoro que permite o axuste de altura segundo a necesidade da persoa que o vaia utilizar, son un aperitivo do que se pode ver exposto no IV Salón de Técnicas de Autonomía, Dependencia e Discapacidade, que se está a celebrar no hotel Monumento San Francisco de Compostela, co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A Consellería de Traballo e Benestar difundirá unha guía de actuación coordinada contra os malos tratos de maiores ou persoas con discapacidade a través dunhas xornadas dirixidas a profesionais deste sector que comezan hoxe en Santiago, na Escola Galega de Administracións Públicas (Egap).
A Consellería de Traballo e Benestar reforzará en 2012 o seu apoio ás persoas con discapacidade. Así, nos orzamentos do próximo exercicio resérvase unha partida de 15 millóns de euros para apoiar a inserción laboral deste colectivo.
Case 60 peregrinos, entre persoas con enfermidade mental, monitores e un grupo de familiares inician o martes 6 de setembro o Camiño de Santiago co obxectivo de chegar a Compostela o venres 9 de setembro. Trátase dunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, que se repite este ano debido á gran aceptación e participación de usuarios en 2010.
A Asociación ASPANAS celebra o Acto "Solidaridade do Futbol Provincial con ASPANAS" que terá lugar o día 17 de maio ás 19.00 horas no Estadio de fútbol de O Couto, cun encontro entre a Selección Provincial de Ourense e o Club Deportivo Ourense.
O protocolo estase a elaborar en consenso cos servizos sociais dos concellos, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), Cruz Vermella, os Corpos e Forzas de Seguridade e a Fiscalía, entre outros colectivos. Os obxectivos principais son a prevención coa creación de novas ferramentas, a detección dos posibles casos e a atención e intervención.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics