Actualidade

23/01/2013

Stop Deshaucios, Premio Portapaz 2012

Manuel Dios

A Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz, na súa reunión ordinaria correspondente ó mes de xaneiro, no apartado referido á concesión do PREMIO PORTAPAZ 2012, acordou -por unanimidade- concederllo á organización STOP DESHAUCIOS, pola súa firmeza na defensa non violenta dun dereito humano como é o da vivenda digna fronte da voracidade ilimitada dos bancos que actúan como auténticos depredadores da xente do común coa complicidade dos gobernos e das institucións. Fronte desta indefensión cidadá, a organización STOP DESHAUCIOS non só puxo na axenda política e social esta problemática e as súas durísimas consecuencias para as familias, senón que creou unha rede de apoio e solidariedade, de axuda mutua, que procura dar solucións diante da total pasividade das administracións públicas.

Por estes motivos, STOP DESHAUCIOS é plenamente merecente da concesión do PREMIO PORTAPAZ 2012. O acto de entrega oficial do galardón e do certificado acreditativo será no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) o vindeiro 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz, no 65 aniversario do asasinato do Mahatma Gandhi, ás 19:00 horas. Con posterioridade haberá unha cea homenaxe cos premiados.

Noutras edicións deste galardón foron recoñecidas persoas e entidades que destacan na súa defensa dos valores cívicos e democráticos, a convivencia pacífica, o diálogo intercultural, os dereitos humanos e a Cultura da Paz, entre outras, Manuel Rivas, Gervasio Sánchez, a Plataforma do 0,7, Baltasar Garzón, Federico Mayor Zaragoza, Paul Ríos, Karen Marón, Carmen Sarmiento, Ovarias, Amnistía Internacional, Manuela Mesa, José Couso, ou a Plataforma  pola Memoria Histórica de A Coruña, entre outras.

Mapa de proxectos

Agareso Radio

Programa online

Axenda

Agosto 2014
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31