Este evento, que se celebrará no Salón de Actos da Confederación de Empresarial de Ourense, contará coa presenza do Director de Metátese Teatro, Afonso García, e da Delegada da Fundación Meniños en Ourense, Yudit González.
A peza dramática contemporánea “Rúa dos Soños” está dirixida por Iolanda Rodríguez Aldrei, Óscar Varela Casal e Afonso García Penas e interpretada por máis de 50 rapaces de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. A obra representarase o próximo 15 de febreiro no Teatro Principal de Ourense. A primeira sesión, ás 12:00 está destinada a escolares. A segunda representación desenvolverase ás 20:30 para o público xeral.
O argumento abordará diferentes eixos temáticos: a pobreza, o cambio climático, as ONG, a inmigración, o complexo despertar no universo do amor, a violencia, o consumismo, o futuro das novas xeracións… Segundo os seus creadores, a obra “Rúa dos soños” é “un canto cromático ao compañeirismo, ao respecto ao diferente e á solidariedade”. O prezo das entradas é de 2 euros. Os cartos recadados destinaranse á Fundación Meniños. A entidade desenvolve programas de atención familiar en Galicia, Asturias e Madrid. A ONG entregará material informativo aso asistentes á representación para que poidan coñecer máis polo miúdo o traballo que realiza.











