Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante:
- Movemento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil
- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )
As datas das xornadas de formación son:
1ª xornada de formación ______________ 24 de marzo
2º xornada formativa _________________ 14 e 15 de abril
3ª xornada específica _________________ 12 de maio
4ª xornada específica _________________ 26 de maio
Avaliación __________________________ 15 de setembro
Os requisitos para participar son:
- Ser maior de idade.
- Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas.
- Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)
Atoparás máis información no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela
Para inscribirte ou pedir máis información escribe a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (indica no asunto: “Xanela 2012) ou nos teléfonos 986 84 81 59 - 981 58 47 13.
O prazo de inscrición vai do 6 de febreiro ao 22 de marzo.
Descarga o folleto informativo aquí folleto xanela 2012
Se aínda tes dúbidas pincha no FAQ











