"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Galicia O Fondo Galego sostén que “a crise non poderá coa solidariedade do municipalismo”
Mércores, 18 Xaneiro 2012 10:56

O Fondo Galego sostén que “a crise non poderá coa solidariedade do municipalismo”

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Illa de San Simón, 18 de xaneiro de 2012. A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar a declaración institucional “A crise non poderá co municipalismo galego”.


A entidade avoga por evitar que os actuais recortes orzamentarios afecten ás partidas destinadas polos Concellos e Deputacións á cooperación internacional, que pola súa xa escasa contía individual non poderían resolver en Galicia problemas substanciais, mentres que para os países do Sur perder esa suma de achegas significaría agrandar enormemente os déficits nas necesidades máis básicas.

O texto sostén que o actual contexto económico non debe converter a solidariedade nun gasto prescindible e que a crise non pode ser unha escusa para que as Administracións locais e provinciais galegas deixen de cooperar no modesto nivel en que o veñen facendo. Ese esforzo colectivo vén amosando desde 1997 a súa efectividade tanto para contribuír a mellorar as condicións de vida nos países empobrecidos como para concienciar a cidadanía galega sobre esoutras realidades. Un avance continuo, grao a grao, canalizado a través do Fondo Galego no que agora se pretende evitar dar pasos atrás e lograr manter o compromiso solidario coas sociedades do Sur na loita contra a pobreza e as desigualdades. Un compromiso con resultados en Cabo Verde, Nicaragua, Cuba e boa parte de América do Sur.

Liñas estratéxicas

No entanto, as Liñas Estratéxicas 2011-2015 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apostan ao tempo pola flexibilidade á hora de esixirlles ás Deputacións e Concellos socios o pagamento das cotas correspondentes. Analizarase cada caso de xeito individualizado e estudarase a posibilidade de aprazar os cobros, mentres a organización medra por dentro gañando cohesión e eficiencia. Incidir na sensibilización, reforzar a colaboración institucional e coas ongd, involucrar a iniciativa privada e concentrar os proxectos son outras das pautas que marcarán a actuación ata o remate da lexislatura.

Publicación polo 15º aniversario

O documento estratéxico cita como unha oportunidade para reivindicar a cooperación descentralizada local o 15º aniversario do Fondo Galego, que se celebra en 2012 con diferentes iniciativas. A primeira delas é a publicación ‘15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego’, que acaba de saír do prelo. A historia, os máis de 140 proxectos apoiados no Sur e a infinidade de actividades de sensibilización realizadas no Norte son algúns dos temas que se abordan, xunto coa propia declaración institucional “A crise non poderá coa solidariedade do municipalismo galego”. Os textos compleméntanse con páxinas gráficas que permiten comprobar en imaxes o labor do Fondo Galego de Cooperación.

 O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 Concellos e as catro Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.





Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31