"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Galicia O proxecto FIARE de banca ética preséntase na Coruña
Luns, 16 Xaneiro 2012 08:43

O proxecto FIARE de banca ética preséntase na Coruña

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

Organizada polo grupo local da Coruña, terá lugar este martes 17 ás 20:30 horas no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa dos Olmos, nº 16-18, 1º, desta cidade, e contará coa presencia de Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza.


A Asociación Fiare Galiza, no capítulo de socios, conta na actualidade con máis de 125 persoas físicas e 25 persoas xurídicas, entre as cales están, entre outras, Adega, Ais O Peto, Altermundo, Arela, Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Coordinadora Galega de Ongd's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia e Zocamiñoca.

FIARE é un proxecto que nace no 2.003 para a promoción da banca ética, e xa desde 2.004 FIARE funciona en toda España como prestadora de servizos financeiros, como axente da Banca Popolare Etica.

A nivel estatal, o aforro recolleito polo proxecto FIARE xa ten superado os 30 millóns de euros (datos de agosto de 2.011). O crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitiu dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos transformadores, é dicir, fixo posible outorgar créditos a proxectos 
sociais do terceiro sector e de economía social, de xeito que a 31 de agosto de 2011, FIARE concedeu financiación a máis de 160 proxectos, por un valor que ascende a máis de 26 millóns de euros.

Características de FIARE como a toma de decisións participativa, a transparencia, o filtro ético das entidades financiadas, a actuación ao servizo da xustiza, a participación de redes cidadáns e a actividade rendable pero non lucrativa, teñen animado a que nestes intres, a nivel estatal, case 300 organizacións e entidades e máis de 2.000 persoas estean a apoiar o proxecto FIARE de Banca Ética.


Para máis información:
http://www.fiaregz.com/
http://www.fiare.org/

Email de contacto:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31