Os produtos doados serán distribuídos, a través do Economato Social de Equus Zebra, entre persoas en situación de exclusión social: parados de longa duración, maiores con pensións mínimas, mulleres maltratadas, familias monoparentais con fillos, inmigrantes... O Economato Social de Equus Zebra funciona desde fai máis tres anos con resultados alentadores. En 2010 recolleron 250.000 quilos de alimentos doados por empresas e particulares, que foron distribuídos entre 36.000 persoas en risco de exclusión social. Coa chegada da crise o economato está a atender a máis de 200 familias.
Produtos que podes doar:
- Alimentos non perecedoiros (aceite, arroz, pasta, conservas, galletas, bebidas, lentellas, garavanzos, alimentos infantís, etc.)
- Produtos de hixiene persoal e infantil (cueiros, xabón, xel, champú, etc.)
- Roupa da que queiras desfacerche. (Equus Zebra entregará as pezas en bo estado aos seus usuarios e aquelas deterioradas venderaas para recheo de colchóns, e así obter máis recursos para o seu labor social).
Achégache a calquera dos seguintes centros de Novacaixagalicia da cidade da Coruña e deposita alí os produtos que queres doar:
- Oficinas centrais de Obra Social Novacaixagalicia. C/ San Andrés 135-137
- Escola Infantil Zalaeta. C/ Sol, 18.
- Ciberalia. Avda. Finisterre, 109 (de 9 a 14 horas)
- Centro de Formación Profesional. C/ Ribadavia, 4
Se algunha empresa ou particular quere doar grandes cantidades de alimentos ou roupa, pode chamar ao teléfono 881 89 89 30 e pasaranos a recoller no prazo de 24 horas.
Contribución económica: E se o desexas, tamén podes colaborar con esta campaña solidaria facendo unha achega na conta: 2080-0055-67-3040007178
Máis información:
www.economatosocialequuszebra.org
www.equuszebra.es
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Teléfonos: 881 89 89 30 / 630 50 21 65











