"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Galicia A Coordinadora Galega de ONG cumpre 20 anos
Xoves, 15 Decembro 2011 19:45

A Coordinadora Galega de ONG cumpre 20 anos

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento celebra o seu vinte aniversario. O 1 de xuño de 1991, asinouse a acta fundacional da entidade e dúas décadas despois é moito o traballo levado a cabo a favor da xustiza social e a loita contra a pobreza.

Para celebralo, este venres 16 de decembro, presentarán “Cooperando. XX anos de traballo solidario en Galicia”, un libro no que colaboran distintas persoas que participaron nesta andaina solidaria. Na publicación, lémbranse os inicios da Coordinadora, o traballo levado a cabo estes vinte anos e reflexiónase arredor da actual situación da cooperación ao desenvolvemento e a loita contra a pobreza mundial.

Durante a celebración, que se levará a cabo no bar Momo, en Santiago de Compostela, a partir das 20.00 horas, tamén haberá petiscos, bebidas ecolóxicos e de comercio xusto e unha pequena actuación musical.


DÍA e HORA: Venres, 16 de decembro, ás 20.00 horas

LUGAR: Bar Momo (Rúa Virxe da Cerca, 23), Santiago de Compostela

 


Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31