ATTAC foi fundada en 1998 e a súa primeira proposta concreta foi a fixación de impostos nas transaccións financeiras coa finalidade de crear un fondo de desenvolvemento e de axudar a conter a especulación bursátil. Esto é o que lle deu o nome a A T T A C: Association pour la Taxation des Transactions financières pour l’Aide aux Citoyennes et Citoyens).
A día de hoxe, está presente nun número importante de países e as súas actividades abranguen gran variedade de cuestións: a OMC e as institucións financeiras internacionais, débeda, fixación de impostos nas transaccións financeiras, paraísos fiscais, servizos públicos, auga, zonas de libre comercio (Mediterránea, Americana, Europea, etc.). En cada país, a asociación ten grupos traballando en diversos temas. Todos estes grupos están involucrados en campañas nacionais e internacionais cuxo obxectivo é propoñer alternativas sólidas á ortodoxia neoliberal, baseadas na solidariedade.
Segundo os responsables de ATTAC, “as cousas pódense facer de moitos xeitos, e o actual precisamente, está bastante lonxe do que satisfacer ás necesidades das persoas e o coidado do Planeta.”
No acto, que contará coa presenza de Ricardo Zaldivar, presidente de ATTAC España, xunto cos compañeiros de Galicia, farase unha presentación do movemento, unha análise da situación e das ferramentas de traballo, unha exposición da labor de ATTAC en Galicia así como o traballo previsto de cara o futuro.
Data e hora: Mércores, 23 de novembro, ás 19.00 horas.
Lugar: Biblioteca Pública Anxel Casal (Santiago de Compostela)











