A Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, foi a encargada de inaugurar a primeira xornada na que, segundo a Consellería, "debateranse propostas que poidan mellorar o desenvolvemento da guía e desenvolveranse talleres prácticos de aplicación da ferramenta".
As xornadas, que se estenderán ao resto de provincias de Galicia, teñen segundo a Xunta "o obxectivo de dar a coñecer esta ferramenta, a primeira destas características no ámbito autonómico que existe en España". En cada provincia celebraranse as xornadas cun límite de 150 prazas. Deste xeito, a Administración galega prevee que o programa de formación e difusión chegue a preto de 600 profesionais.
Segundo a Consellería, "a iniciativa servirá para informar de forma detallada aos profesionais do sector sobre cal é o protocolo de actuación de cada un dos axentes implicados ante unha situación ou sospeita de malos tratos", logrando, aseguran, "unha maior eficacia en todas as fases do problema: detección, intervención e prevención".
As seguintes charlas terán lugar en Vigo, o día 17 de novembro, en Lugo, o 28 deste mes, e o día 29 en Ourense. A participación nestas xornadas é completamente gratuíta e os participantes recibirán un certificado de asistencia.











