O servizo, que se desenvolverá en horario de mañá --das 10.00 ás 14.00--, pódese solicitar contactando con Cruz Vermella no teléfono 981586969 ata as 18.00 horas do próximo mércores 16 de novembro.
Segundo informa Cruz Vermella, "o servizo realizarase con motivo da cita electoral para que aquelas persoas con problemas de mobilidade, que se despracen en cadeiras de rodas ou que non poidan facer uso doutro tipo de transporte poidan exercer o seu dereito ao voto".
As prazas nos vehículos adaptados iranse concedendo ata completar todas as habilitadas para a actividade. Posteriormente, Cruz Vermella deseñará o percorrido dos vehículos e comunicaralle a cada usuario a hora á que se lle recollerá no seu domicilio para exercer o seu dereito ao voto.
Ademais de en Santiago de Compostela, Cruz Vermella porá este servizo a disposición dos veciños da Coruña, Ferrol, Noia e Boiro.











