"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade Galicia Muller e cunha discapacidade, dobre discriminación
Luns, 18 Abril 2011 09:02

Muller e cunha discapacidade, dobre discriminación

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)

O Plan Integral de Acción para as Persoas con Discapacidade de Galicia está a situar á Comunidade autónoma “na vangarda” da atención social, xa que os principios que sustentan esta iniciativa do Goberno galego supoñen dar “un paso por diante” na atención deste colectivo.

Así o indicou a titular do departamento de Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, no acto de apertura da asemblea xeral, que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) celebrou en Santiago, onde tamén resaltou a importancia de que o documento incorpore a perspectiva de xénero, con medidas específicas que permitan ás mulleres con discapacidade facer fronte “á dobre discriminación que sofren”.

Ademais, a conselleira afirmou que “o principio de que non é a persoa con discapacidade a que presenta problemas de adaptación ao entorno, senón que é o entorno o que debe estar, desde o principio, deseñado para todos, sitúa a Galicia por diante e sustenta o compromiso da Xunta con este colectivo”.

Así, Mato resaltou que o Plan para Persoas con Discapacidade de Galicia inclúe o principio do deseño universal en todos os ámbitos, e como obxectivos prioritarios deste documento tamén sinalou o impulso á accesibilidade universal e a promoción da vida autónoma para conseguir a plena inclusión na vida comunitaria.

A titular do departamento autonómico lembrou que este plan xa está en marcha e que está dotado con máis de 700 millóns de euros para esta lexislatura.

Así mesmo, subliñou que a través do Plan Social, a Xunta aspira a integrar a 4.9000 persoas con discapacidade o en risco de exclusión ao longo dos próximos anos. “Temos incrementado, con bos resultados, os nosos orzamentos para impulsar a inserción laboral das persoas deste colectivo”, apostilou.

Neste aspecto, Mato gabou o labor que está a facer Cogami, lembrando que esta confederación dá emprego a máis de 600 persoas con discapacidade. “É un bo camiño que debemos seguir todos os axentes e administracións implicados na mellora da calidade de vida destas persoas”, concluíu.

Información adicional

  • Subtítulo:
Última modificación en Martes, 11 Outubro 2011 13:55
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31