Mañá venres 10, ás 11:00 h., terá lugar o Acto de Presentación da obra teatral “Rúa dos Soños”, interpretada polos alumnos e alumnas da Aula de Teatro do C.P.I. de Vedra, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Escola Munici¬pal de Teatro do Concello de Laxe, baixo a dirección de Metátese Teatro.
Xanela Aberta ao Sur é un programa de Educación para o desenvolvemento e Sensibilización de AMARANTE cuxo obxectivo principal é achegar á sociedade galega as realidades do Sur e os procesos organizativos que nelas se producen derribando estereotipos e preconceitos sobre as causas e consecuencias da pobreza. Neste ano farase un especial fincapé na perspectiva da feminización da pobreza e contaremos cunha persoa da univesidade especializada neste tema.
A actividade desenvólvese nas catro provincias e encádrase nos Programas Integrados para o Emprego, promovidos pola Consellería de Traballo.
Illa de San Simón, 18 de xaneiro de 2012. A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar a declaración institucional “A crise non poderá co municipalismo galego”.
Do 10 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2012 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra “IX Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo”, que recolle as fotografías galardonadas e participantes na edición 2011 deste concurso.
Organizada polo grupo local da Coruña, terá lugar este martes 17 ás 20:30 horas no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa dos Olmos, nº 16-18, 1º, desta cidade, e contará coa presencia de Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza.
Até finais de xaneiro do 2012 podes colaborar na campaña de recollida de alimentos e roupa que promove a ONG Equus Zebra en colaboración cos centros de Obra Social Novacaixagalicia da cidade da Coruña.
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento celebra o seu vinte aniversario. O 1 de xuño de 1991, asinouse a acta fundacional da entidade e dúas décadas despois é moito o traballo levado a cabo a favor da xustiza social e a loita contra a pobreza.
Unha embarcación adaptada, unha reprodución da Torre de Hércules en relevo, un rato de ordenador que se manexa co movemento do ollo, un inodoro que permite o axuste de altura segundo a necesidade da persoa que o vaia utilizar, son un aperitivo do que se pode ver exposto no IV Salón de Técnicas de Autonomía, Dependencia e Discapacidade, que se está a celebrar no hotel Monumento San Francisco de Compostela, co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A organización ATTAC presenta hoxe “en sociedade” ATTAC XEG (xustiza económica global), a agrupación territorial de ATTAC en Galicia, reorganizada e con máis forza, para tratar de romper co pensamento único establecido.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics