O blog Referencias analiza o uso perverso que se está a realizar dun modelo que garante necesidades tan básicas para o desenvolvemento individual e colectivo como a sanidade, educación ou servizos sociais.
O obxectivo da campaña é concienciar de que o Dereito e o Acceso á Saúde non deberían ser cuestión de sorte. Anesvad venderá, ata o próximo 22 de decembro, décimos que non tocan en kioskos de lotaría instalados en Bilbao e en Madrid.
O proxecto de cooperación que a Asociación Komoé puxo en marcha hai case un ano en Costa de Marfil está a punto de ver a luz. Grazas á colaboración de administracións públicas, empresas privadas, socios e colaboradores, a entidade enviará ao país un colector cunha ambulancia e material sanitario.
Os equipos de MSF en Somalia enfróntanse a un reto engadido á xa complicada situación médica e humanitaria da poboación. O sarampelo agrava o estado de miles de nenos desnutridos, e afecta a mozos e adultos por falta de inmunización. O bloqueo das partes en conflito obstaculiza a posta en marcha de campañas masivas de vacinación.
O goberno de Brasil ofreceu a Guinea-Bissau máis de sete toneladas de medicamentos antirretrovirais, presupostadas en preto de tres millóns de dólares, destinadas a combater a enfermidade da Sida.
'O parto é noso' detecta, a partir das testemuñas das usuarias do sistema sanitario, que nos hospitais galegos seguen a incumprirse as directrices da OMS, a Estratexia do Ministerio de Sanidade e a propia Guía técnica do SERGAS sobre atención ao parto. Na maioría dos hospitais, o tener ou non un parto respectado depende do factor sorte.
Durante dúas semanas, a ONG alemá Christian Blind Mission (CBM) e MSF montaron un 'campo de cirurxía ocular' no hospital de Boguila, unha zona remota ao noroeste da República Centroafricana (RCA), onde 53 persoas recuperaron a vista tras ser intervidas cirurxicamente de forma gratuíta.
O fluxo de persoas con problemas de saúde ocular xunto ao Hospital Simão Mendes e demais hospitais, ou como os centros oftalmolóxicos do país, demostra que doenzas asociadas están a crecer cada día que pasa.
A ONGD Asociación de Estudos e Alternativas (ALTERNAG) recibiu formalmente o 12 de abril unha nova sede no barrio de Belén, cuxa construción foi financiada pola organización española Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), a través do Goberno de España.
A violencia no país, que desprazou a 500.000 nenos e nenas das súas casas e deixou sen educación a 1.000.000, está a obrigar as embarazadas a dar a luz en pésimas condicións, poñendo as súas vidas en perigo e as de centos de recén nacidos.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics