A Casa da Cultura de Allariz acolle a partir de hoxe unha vintena de retratos dos fotógrafos Grau Serra e Toni Rodríguez, un testimonio visual de persoas dos países nos que traballa Intervida.
Ter 12 anos, ser nena e vivir nunha familia pobre é unha situación de extrema vulnerabilidade. A escaseza de recursos, os patróns culturais e a propia condición de ser nena leva consigo riscos e privacións dos seus dereitos básicos como o dereito á educación, á protección ante a violencia, á saúde ou a decidir.
O Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle ata o próximo día 30 deste mes, a mostra “Os dereitos das nenas e dos nenos”, na que a ONG Intervida fai un percorrido polos dereitos básicos da infancia.
O planeta conta xa con 506 millóns de mulleres analfabetas e o número segue crecendo posto que nos países en desenvolvemento, se hai que escolarizar un neno ou unha nena, se adoita priorizar ao primeiro. Como consecuencia diso contan xa trinta e sete millóns de nenas sen escolarizar no mundo.
No barrio "a primavera" do Distrito VI de Managua habitan mulleres que resistiron a violencia de xénero. A solidariedade transforma o barrio onde se mobiliza o grupo de mulleres.
A nova exposición de Intervida, Fame 0, chega ao mercado de Abastos de Ourense (Praza de Abastos, 1), onde se poderá visitar do 16 o 29 de xullo. Con esta exposición, Intervida trata de debuxar a situación actual da fame e reivindicar o dereito a unha boa alimentación en cinco bloques de información: Que provoca o fame? Como protexernos da fame? Como está a fame no mundo? Hai alternativas á fame? y Que proxectos funcionan?
O centro cívico do Casco Vello de Vigo acolle o vindeiro 4 de abril a presentación do documental Antes de Crecer. Con este traballo Intervida quere achegar a realidade do traballo infantil en Bangladesh á poboación galega.
O Centro Cívico Municipal de Monelos, na Coruña, acolle a partir do 5 de novembro a exposición ‘O traballo infantil en Bangladesh’. A mostra recolle unha trintena de instantáneas do fotógrafo madrileño José Afonso, realizadas ex profeso para a campaña de sensibilización contra a explotación laboral infantil ‘Do It Yourself’ (‘Faino ti mesmo’) de Intervida.
Os dereitos da infancia son os protagonistas da exposición Os Dereitos das nenas e dos nenos que pode visitarse no Centro Cívico Municipal de Eirís (C/ Frei Pedro Payo Piñeiro, s/n) da Coruña a partir do 18 e ata o 24 de outubro.
A exposición está formada por nove fotografías de nenos e nenas a tamaño natural e sobre material ríxido, que achegan ao espectador cada un dos dereitos da infancia recollidos nos 54 artigos da Convención sobre os Dereitos do Neno de Nacións Unidas. As figuras explican ao visitante os dereitos básicos que teñen os nenos e nenas como o dereito a recibir unha educación, a poder acceder aos servizos básicos de saúde, a crecer en familia ou a posuír unha identidade. Con esta iniciativa o CCM de Eirís súmase á campaña de sensibilización polos dereitos da infancia que Intervida puxo en marcha para concienciar á sociedade sobre a realidade que viven millóns de nenos privados dos seus dereitos básicos e non poucas veces en situacións de risco e explotación.
Os nenos que visiten a exposición tamén poderán facer a súa propia achega cun debuxo sobre os seus dereitos. Posteriormente a ONG recompilará algúns destes debuxos en forma de publicación como manual dos dereitos da infancia.
A exposición Os Dereitos das nenas e dos nenos pode visitarse no Centro Cívico Municipal de Eirís ata o próximo 24 de outubro, de 09:00h a 14:00 h. e de 16:00h a 21:00 h. de luns a venres, os sábados de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h e os domingos de 16:00h a 21:00h.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics