Análise da ONG de Desenvolvemento a través da Coordinadora estatal de ONGD
Madrid, 11 de xaneiro de 2012. Dous anos despois do terremoto que arrasou Porto Príncipe e nun contexto marcado por severos recortes en cooperación, a ONG de Desenvolvemento españolas que traballan no país renden contas, explican o seu traballo e analizan os retos que quedan por diante na promoción do desenvolvemento do país.
Nun esforzo por sensibilizar á opinión pública sobre a asistencia humanitaria e as persoas que arriscan a súa vida para brindala, a Asemblea Xeral designou o 19 de agosto como Día Mundial da Asistencia Humanitaria.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade quere denunciar publicamente os ataques sufridos polo seu parceiro en Haití, o Centro para a Cultura e o Desenvolvemento de Carice (SKDK), e que segundo testemuños presenciais foron perpetrados por partidarios do partido oficialista INITÉ.
Por décimo cuarto ano consecutivo, Asemblea de Cooperación Pola Paz organiza, durante o verán de 2011, Cursos de Cooperación sobre o Terreo en 11 dos varios países do sur nos que traballamos: República Dominicana, Guatemala e O Salvador, Guinea Bissau, Haití, Honduras, Senegal, Tunes, Marrocos e Palestina e Israel.
MSF fai balance da resposta á dobre emerxencia do terremoto e o cólera e dos retos pendentes e lagoas existentes na resposta internacional . As condicións dos haitianos son pésimas pese ao importante despregamento humanitario.
A achega galega, que sairá co resto da axuda humanitaria desde a base aérea de Torrejón de Ardoz, consiste en 40 toneladas de soros de rehidratación e material para súa administración, e realizouse a través do seu fondo de emerxencias e grazas a un convenio asinado coa ONGD Farmamundi.
A Xunta de Galicia puxo a disposición da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) material sanitario para satisfacer as necesidades da poboación haitiana ante o brote de cólera que está sufrindo e que xa ten causado centenares de mortes e milleiros de afectados.
A asociación de Concellos e Deputacións e mais o Fons Català de Cooperació cofinancian un proxecto formativo en tres municipios da fronteira nordeste de Haití. A entidade municipalista galega contribúe con 160.000 euros que cidadáns e administracións socias seguen a achegar a través da conta de emerxencia.
Sonia Adames, directora da oficina do Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes de Santo Domingo (República Dominicana) falará en Santiago de Compostela sobre a solidariedade en Haití tras o terremoto.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics