"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Actualidade España Amosando elementos por tag Campaña
Venres, 20 Abril 2012 08:32

Vaqueiros que matan

A Campaña Roupa Limpa, coordinada en Galicia por AMARANTE SETEM, presenta o novo informe "Vaqueiros mortais” que demostra que nas fábricas de Bangladesh que producen roupa para a exportación ao mercado europeo séguese utilizando a técnica do sandblasting pondo en grave risco a vida das persoas traballadoras que son expostas a contraer graves enfermidades pulmonares, entre elas silicoses.

Publicado Galicia

Actuable apoia a iniciativa de Xabier Obispo, un cidadán compostelán indignado polo desastre ecolóxico das Fragas do Eume. Xabier non o podía crer. Onte vía con impotencia e tristeza como a súa terra, Galicia, volvía agonizar unha vez máis.

Venres, 30 Marzo 2012 19:36

Especial 'A Hora do Planeta'

Este sábado, 31 de marzo, de 20.30 a 21.30 horas celébrase 'A hora do planeta', unha iniciativa coa que WWF quere concienciar á cidadanía sobre a necesidade de actuar contra o cambio climático. Ao igual que en 2011, miles de persoas apagarán a luz durante unha hora en solidariedade co medio ambiente. Un equipo de Agareso Radio quixo coñecer en profundidade esta campaña que se converteu no maior movemento ambiental na historia contra o cambio climático.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

No 2011, a pesar do descenso do número de persoas contribuíntes e da contía recadada, 53.000 persoas máis marcaron a casa de Fins Sociais en exclusiva ou xunto coa da Igrexa católica, pasando de 9.419.095 a 9.472.767 persoas contribuíntes solidarias.

Publicado Reportaxes

Estimadas amigas e amigos de Salva a Selva: O estado español concedeu fondos de cooperación á Fundación Repsol. O seu fin é executar un proxecto de apoio a comunidades da Amazonía ecuatoriana, onde realizan a súa actividade petroleira.


Publicado España

Até finais de xaneiro do 2012 podes colaborar na campaña de recollida de alimentos e roupa que promove a ONG Equus Zebra en colaboración cos centros de Obra Social Novacaixagalicia da cidade da Coruña.


Publicado Galicia

A campaña da ONU márcase tres obxectivos: Cero infeccións novas por VIH, cero discriminación e cero mortes relacionadas coa SIDA.

Publicado Reportaxes
Sábado, 08 Outubro 2011 09:07

Alimenta a túa solidariedade

Acción contra el Hambre e a Federación Española de Hostalaría uníronse para loitar contra a desnutrición infantil. Cada un dos restaurantes elixiu un prato ou menú da súa carta e converteuno en solidario. Por cada cliente que elixa ese prato ou menú o restaurante doará unha cantidade que irá destinada comprar os tratamentos que salvan a vida de nenos e nenas ameazados pola desnutrición infantil e as súas familias nos países máis pobres do mundo.

Publicado Reportaxes

Representantes de 187 organizacións non lucrativas galegas presentamos a Campaña XSOLIDARIA que cada ano se leva a cabo para incidir na necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na Declaración da Renda e contribuír así, co 0,7% da súa cota íntegra, a programas dirixidos a colectivos en risco de pobreza e exclusión social.

O 20 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Refuxiado. Dende a súa creación en 1951 o ACNUR protexeu decenas de millóns de refuxiados. Neste día é importante destacar a protección daquelas persoas que tiveron que saír dos seus fogares a causa da violencia e o medo deixándoo todo atrás. Existen máis de 42 millóns de persoas que tiveron que deixalo todo; 16 millóns de refuxiados fóra dos seus países e 26 millóns de desprazados internos.

Publicado Mundo
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31